Solicitude de recoñecemento de obras en réxime de fóra de ordenación ou asimilado

Código: 
253
Presentación: 
Presencial
Online

Mediante a presente solicitude, a persoa interesada insta ó Concello a ditar resolución pola que se recoñeza a existencia de obras que cumpren os seguintes requisitos, de conformidade co artigo 153 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG):

  1. Obras totalmente rematadas,

  2. respecto das cales transcorreu o prazo de caducidade de seis anos para adoptar as medidas de reposición da legalidade urbanística,

  3. sen que durante o devandito prazo se adoptasen tales medidas.

E, en consecuencia, tendo en conta que caducou o prazo para incoar expedientes de reposición da legalidade urbanística, se recoñeza que as obras se atopan nalgunha das situacións previstas no artigo 90 da LSG: fóra de ordenación ou asimilada á situación de fóra de ordenación.

O recoñecemento desta situación non implica, en ningún caso, a legalización das obras. Unicamente se comproba:

  • Que existe documentación técnica que acredita que se dan os supostos e requisitos establecidos na lexislación vixente: obras totalmente rematadas dende hai máis de seis anos e en condicións de servir ó uso ó que se destinan.

  • E que non se adoptaron medidas de reposición da legalidade urbanística dentro do prazo de caducidade establecido (seis anos desde a completa finalización das obras).

Todo isto, co fin de recoñecer os efectos que a lei atribúe a tales situacións: a súa suxeición ao réxime de fóra de ordenación ou asimilado ó réxime de fóra de ordenación.

EXCEPCIÓN NA QUE NON OPERA O PRAZO DE CADUCIDADE DE SEIS ANOS

A limitación temporal establecida no artigo 153 da LSG non resulta de aplicación aos actos de edificación e uso do solo que, estando suxeitos a licenza municipal, se executen sen ela sobre terreos cualificados como:

  1. Zonas verdes.

  2. Espazos libres públicos.

  3. Viarios (ou zonas de protección de viarios, no caso da execución de peches de parcelas: 4 metros dende o eixe do camiño).

  4. Dotacións ou equipamentos públicos.

Nestes supostos, poderán adoptarse medidas de reposición da legalidade urbanística aínda que transcorresen máis de seis anos.

Que documentación é necesario presentar?

 

  1. DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA:

  • XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO DOS TRIBUTOS MUNICIPAIS que procedan. De conformidade co disposto no artigo 3.2.I e) da Ordenanza fiscal 103, a taxa ascende a 206,00 € e o modelo para autoliquidar é o Modelo 103 (Código 02) que se pode recoller nas dependencias municipais sitas na Ronda da Muralla nº197 ou descargar no seguinte enlace http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=103

  • ACREDITACIÓN DA REPRESENTACIÓN, no caso de actuar en representación.

  • TÍTULO DE PROPIEDADE.

  • COMPROMISO DE:

    • INSCRIBIR NO REXISTRO DA PROPIEDADE, mediante nota marxinal, a situación de fóra de ordenación ou asimilada ó fóra de ordenación que se recoñeza polo Concello, de ser o caso.

    • ACHEGAR Ó EXPEDIENTE NOTA SIMPLE expedida polo REXISTRO DA PROPIEDADE tras a práctica da inscrición á que se refire o apartado anterior.

  • No caso de inmobles pertencentes a un edificio sometido ao réxime de propiedade horizontal: deberá achegar ESCRITURA DE DIVISIÓN HORIZONTAL na que conste a descrición do devandito inmoble nos mesmos termos que figuran no informe de antigüidade achegado, tanto no relativo á superficie como aos usos.

  • TÍTULOS HABILITANTES que existan en relación coa edificación principal ou orixinaria ou con calquera obra executada na parcela referida na solicitude, se existen.

  • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA da data da total terminación das obras e/ou da edificación. Poderase acreditar por calquera medio de proba válido en dereito.

  • TÍTULO HABILITANTE da actividade ou apertura de establecemento, no caso de existir.

  • No caso de obras e usos nos que sexa competencia da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) adoptar as medidas precisas de protección da legalidade urbanística (artigos 155 e 156 LSG): escrito da APLU no que conste que non se adoptaron, en relación coas obras obxecto da presente solicitude, medidas dirixidas á restauración da legalidade urbanística.

  1. DOCUMENTACIÓN TÉCNICA ASINADA POR TÉCNICO COMPETENTE:

  • REPORTAXE FOTOGRÁFICA, a cor, do interior e de todas as fachadas exteriores.

  • PLANO DE SITUACIÓN do planeamento vixente.

  • PLANO DE EMPRAZAMENTO do inmoble con delimitación precisa da parcela na que se ubica, da súa situación na mesma e das distancias ós lindeiros.

  • PLANOS DE PLANTA acoutados, de todas as alturas existentes, e ALZADOS E SECCIÓNS acoutados. Nos planos deberanse indicar con claridade as distintas superficies e volumes.

  • MEMORIA DESCRITIVA do estado actual do inmoble e do uso ao que se destina, deberá conter certificación na que se acredite, de maneira xustificada, expresa e pormenorizada a antigüidade das obras rematadas no seu estado e uso actual.

  • No caso de obras executadas con título habilitante pero sen axustarse ó mesmo: deberá achegar MEMORIA XUSTIFICATIVA do incumprimento das condicións fixadas polo título habilitante, na que se inclúa unha certificación acreditativa de que cumpre o resto das condicións do título habilitante.

  • CERTIFICACIÓN DE QUE AS OBRAS SE ATOPAN DISPOSTAS PARA SERVIR Ó USO Ó QUE ESTÁN DESTINADAS E EN CONDICIÓNS DE SEREN OCUPADAS sen obra complementaria de ningún tipo. Deberá facer referencia:

    • A como se resolven ou resolverán os servizos, isto é, ó funcionamento das instalacións mínimas precisas para o uso existente.

    • No caso de uso residencial: á existencia de condicións mínimas para ese uso.

  • No caso de uso residencial das obras: o técnico/a firmante dos tres documentos anteriores deberá ser un Arquitecto/a, seguindo a Xurisprudencia do Tribunal Supremo que establece que lles corresponde soamente aos arquitectos/as acreditar o uso ao que se destina a edificación de uso residencial.

Como se presenta a solicitude?

 

  1. Nos supostos en que exista a obriga de relacionarse electronicamente coa Administración: deberá presentarse o modelo 253, debidamente cuberto e acompañado da documentación que nel se indica, a través de calquera rexistro electrónico, preferentemente o do Concello: https://www.lugo.gal/portal/tramites/X100

  2. Nos restantes casos: o modelo 253, debidamente cuberto e acompañado da documentación que nel se indica, poderá presentarse por vía telemática ou presencialmente nos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.