A alcaldesa e o concelleiro de Deportes reciben aos tenistas Andrés Pereiro e Noa Rodríguez polos seus éxitos deportivos

Martes, 08 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa e o concelleiro de Deportes reciben aos tenistas Andrés Pereiro e Noa Rodríguez polos seus éxitos deportivos

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, recibiron no Concello a Andrés Pereiro López e Noa Rodríguez Sindín, dous novos tenistas vinculados ao Club de Tenis As Termas que veñen destacando en competicións autonómicas e nacionais.

Andrés Pereiro, de 18 anos, proclamouse campión galego júnior individual en 2026. No seu palmarés figuran tamén o título infantil do Conde de Godó en 2022, unha proba infantil do Rafa Nadal Tour de Bilbao en 2022 e o Vilas Tennis Academy Trophy U14 dese mesmo ano.

Pola súa banda, Noa Rodríguez, de 17 anos, foi campioa galega cadete de dobres en 2025, campioa galega infantil de dobres en 2023 e campioa júnior feminina do AS Young Tour da Coruña en 2025. En 2026 participou tamén no Campionato Galego Absoluto e en diferentes probas absolutas do circuíto nacional IBP.

Durante o encontro, Candia felicitounos polos resultados acadados e puxo en valor o esforzo que realizan para compaxinar estudos, adestramentos e competición. “Cada vez que recolledes unha medalla, recóllea Lugo”, afirmou a alcaldesa, quen os animou a seguir traballando e avanzando nas súas respectivas carreiras deportivas e a contar có Concello no que puideran necesitar.

Os dous tenistas teñen como obxectivo continuar a súa formación académica e deportiva en Estados Unidos, compatibilizando os estudos coa práctica do tenis.

A alcaldesa destacou tamén o labor do Club de Tenis As Termas, ao que pertencen ambos os deportistas e que desenvolve a súa escola deportiva nas pistas municipais de Frigsa.

Multimedia

  • A alcaldesa e o concelleiro de Deportes reciben aos tenistas Andrés Pereiro e Noa Rodríguez polos seus éxitos deportivos

Noticias relacionadas