Venres, 29 de maio de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa

Concelleiros da corporación municipal participaron este venres no minuto de silencio convocado diante da Subdelegación do Goberno en Lugo en sinal de respecto, solidariedade e lembranza das seis mulleres asasinadas recentemente por violencia de xénero.
Con este xesto, o Concello de Lugo quixo expresar a súa condena ante esta lacra social e trasladar o seu apoio ás familias e amigos das vítimas.

