Concelleiros da corporación de Lugo participan nun minuto de silencio en lembranza das vítimas da violencia de xénero
- Tema
- Benestar social,
- Igualdade,
- Igualdade de dereitos,
- Linguaxe sexista,
- Violencia de xénero
Venres, 29 de maio de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa

Concelleiros da corporación municipal participaron este venres no minuto de silencio convocado diante da Subdelegación do Goberno en Lugo en sinal de respecto, solidariedade e lembranza das seis mulleres asasinadas recentemente por violencia de xénero.
Con este xesto, o Concello de Lugo quixo expresar a súa condena ante esta lacra social e trasladar o seu apoio ás familias e amigos das vítimas.
