O alumnado, de 1º e 2º de Primaria, coñeceu as dependencias municipais e o funcionamento da administración local.
A concelleira de Área de Xestión Integral de Recursos Internos destacou a importancia de achegar as institucións á infancia: “É fundamental que os máis novos sintan o Concello como algo próximo e participen desde idades temperás na vida da cidade”.

A concelleira de Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira, recibiu no Concello de Lugo a un grupo de 39 nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CEIP Sagrado Corazón, que visitaron a Casa Consistorial para coñecer de primeira man o funcionamento da administración local. Durante o encontro, o alumnado puido percorrer distintas dependencias municipais e interesarse polo traballo que se desenvolve no día a día do Concello. “Queremos que esta experiencia lles axude a entender como funciona a súa cidade e a sentirse parte dela”, sinalou a concelleira.

