Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ana González Abelleira recibe no Concello a un grupo de 39 nenos e nenas do CEIP Sagrado Corazón

Ana González Abelleira recibe no Concello a un grupo de 39 nenos e nenas do CEIP Sagrado Corazón

O alumnado, de 1º e 2º de Primaria, coñeceu as dependencias municipais e o funcionamento da administración local.

A concelleira de Área de Xestión Integral de Recursos Internos destacou a importancia de achegar as institucións á infancia: “É fundamental que os máis novos sintan o Concello como algo próximo e participen desde idades temperás na vida da cidade”.

  • Tema
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Venres, 27 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana González Abelleira recibe no Concello a un grupo de 39 nenos e nenas do CEIP Sagrado Corazón

A concelleira de Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira, recibiu no Concello de Lugo a un grupo de 39 nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CEIP Sagrado Corazón, que visitaron a Casa Consistorial para coñecer de primeira man o funcionamento da administración local. Durante o encontro, o alumnado puido percorrer distintas dependencias municipais e interesarse polo traballo que se desenvolve no día a día do Concello. “Queremos que esta experiencia lles axude a entender como funciona a súa cidade e a sentirse parte dela”, sinalou a concelleira.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ana-gonzalez-abelleira-recibe-no-concello-un-grupo-de-39-nenos-e-nenas-do-ceip-sagrado-corazon