
O Concello retomará, o próximo 14 de xuño, a fichaxe por pegada dactilar, do persoal municipal.
A decisión adóptase trala suspensión do Estado de Alarma e tendo en conta o devir da pandemia, logo de que o pasado mes de maio se aprobara tamén o retorno á actividade presencial.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou esta mañá no Foro das Cidades de Madrid 2021, un dos principais espazos de debate sobre o futuro urbano grazas a alta representación e o número organizacións impulsoras, máis de 70, e de cidades participantes, máis de 50 españolas e latinoamericanas.

O Concello de Lugo incrementará o seu patrimonio en 368.035 euros.
Unha cantidade que, se ben, non ingresará en efectivo si se incorporará ao conxunto de propiedades que son titularidade da institución local a través do procedemento de adxudicación de bens ao ente acredor.

O Concello de Lugo convida á cidadanía a participar este sábado na marcha organizada pola Federación de Asociacións de Veciños polo barrio da Chanca para conmemorar o 150 aniversario do Viaduto.

Este pasado martes 8 de xuño en horario de tarde a facultade de Veterinaria de Lugo acollía a presentación dunha nova campaña que o Concello de Lugo, a través da área de Xuventude, esta levando a cabo e que inclúe actividades de Prevención de Drogas dirixidas e orientadas á mocidade, dentro da pr
A área informática do Concello de Lugo solicita aos veciños e veciñas que extremen as precaucións por haber detectado nos últimos días que se estaban a producir ataques de phising ou suplantación de identidade facéndose pasar por persoal municipal.

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado polo edil de Infraestructuras Urbanas, Alexandre Penas, visitaron, xunto co presidente da Asociación Veciñal Barrio de Paradai, o aparcadoiro municipal da rúa Río Sil, no que se vén de instalar novo alumeado público.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asistiu esta mañá ao acto organizado pola área de Xuventude, dirixida por Mauricio Repetto na que se realizou a entrega simbólica de 100 estandartes decorativos de Arde Lucus para balcóns e ventás, que se esgotaron pasados os 15 minutos.

ALCOHOLEMIAS

Esta mañá deu comezo a roza e acondicionamento dos parques Marcos Cela e Paxariños e das zonas verdes dos polígonos industriais de O Ceao e As Gándaras, para os que o Concello de Lugo, a través da concellería de Medio Ambiente, destina 17.000 euros.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 463
- 464
- 465
- 466
- 467
- 468
- 469
- 470
- 471
- …
- seguinte ›
- última »