Oito alumnos daneses, acompañados por un grupo de estudantes de primeiro curso de BAC do colexio Galén, foron recibidos hoxe polo Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo. Este grupo vén de chegar a Lugo cun programa de intercambio. A visita ao Concello estaba encadrada nunha excursión pola cidade.
José López Orozco recibiu a este grupo sobre as once e media da mañá para darlles a benvida e explicarlles o funcionamento do Concello.
O Alcalde, José López Orozco, presentou hoxe o decálogo de resolucións elaborado pola Comisión de Patrimonio, que el mesmo preside, para presentar na Asamblea da Federación Española de Municipios e Provincias.
O Alcalde destacou algún dos puntos esenciais que se presentan neste catálogo, realizado en consenso polos alcaldes de concellos de todos os tamaños e de diferente tendencia política de toda España.
Considera López Orozco fundamental o acordo polo que os custes por declaracións de bens de interés cultural ou distincións máis locais deben corresponder a entidade que se solic
O Centro Social de Fingoi acolle o luns unha reunión organizada polo Concello de Lugo para informar aos veciños de Acea de Olga sobre o proxecto de construcción da nova ponte sobre o río Miño.
Esta reunión organízase coa intención de ofrecer toda a información dispoñible e aclarar dúbidas antes de que comece o período de información pública establecido por lei.
Actualmente está elaborado o estudo informativo, que se está a examinar por diversas entidades.
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, manterán unha reunión cos veciños de Acea de Olga para informar sobre a nova ponte do río Miño.
Así o anunciou hoxe o Concelleiro, que sinalou que o proxecto vai para adiante e que se dará conta de todos os puntos de interese para os veciños na reunión que manterán dentro duns días.
O Eixo Atlántico acaba de editar o libro “A gobernanza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, no que expertos galegos e portugueses reflexionan sobre as novas formas de democracia e de gobernanza e a súa progresiva aplicación na administración da Eurorrexión.
A gobernanza constitúe un dos conceptos prioritarios das políticas da Comisión Europea no novo período de programación de fondos comunitarios 2007-2013.
O proxecto da ponte non afectará a ningunha casa.
O Concello de Lugo rematou o seu informe sobre a construción da nova ponte sobre o río Miño concluíndo que non é necesaria unha declaración de impacto medioambiental, o que permitiría ó Goberno Central axilizar notablemente a súa construción. A decisión foi dada a coñecer hoxe polo Voceiro do equipo de goberno, José Ramón Gómez Besteiro.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asiste mañá, xoves, en Madrid, a unha nova reunión da Comisión de Patrimonio Histórico da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que el mesmo preside.
Esta reunión, que se celebrará dende as once da mañá na sede da FEMP, condensará a proposta de resolucións da comisión para a novena asamblea xeral deste organismo.
Estas resolucións que plantexa a Comisión baséanse en que unha sociedade ten o dereito a utilizar e gozar do seu patrimonio, así como o deber de preservalo.
O Alcalde, José López Orozco, recibe este sábado, ás 12:30 na Casa Consistorial, a un grupo de representantes da Real Academia de Ciencias Económicas e Financieras. Esta comitiva está integrada por importantes personalidades do mundo da política e das finanzas e visitan a cidade dentro dunha viaxe por Galicia organizada polos académicos galegos.
Cúmprense os prazos dados polo Alcalde na última reunión coa Consellería de Vivenda.
Tal e como anunciara o Alcalde de Lugo na reunión que tivo hai unha semana coa Conselleira de Vivenda, ó Concello de Lugo fáltanlle poucos días para ser titular dos terreos das Gándaras. O Ministerio de Defensa e o Alcalde pecharon un acordo moi beneficioso para facilitar este traspaso, o que posibilitará a cesión á Consellería de Vivenda e a posta en marcha do polígono industrial das Gándaras.
Os vintecinco rapaces que cursan 2º de primaria no colexio lucense da Milagrosa aproveitaron unha excursión pola cidade para achegarse á Casa Consistorial por primeira vez. Os pequenos, que tiñan sete anos de idade, amosaron moita curiosidade polo funcionamento do Concello e polo labor desempeñado polo goberno municipal.
O Alcalde, que presidiu a recepción, tivo que recuperar as súas dotes para a ensinanza e facer fronte ás innatas ansias de coñecemento dos pequenos. Os seus coñecementos servíronlle para establecer un diálogo socrático cos nenos que non se cansaron de facer preguntas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1761
- 1762
- 1763
- 1764
- 1765
- 1766
- 1767
- 1768
- 1769
- …
- seguinte ›
- última »