O Alcalde recibe a un grupo de estudantes daneses

Venres, 23 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Oito alumnos daneses, acompañados por un grupo de estudantes de primeiro curso de BAC do colexio Galén, foron recibidos hoxe polo Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo. Este grupo vén de chegar a Lugo cun programa de intercambio. A visita ao Concello estaba encadrada nunha excursión pola cidade.

José López Orozco recibiu a este grupo sobre as once e media da mañá para darlles a benvida e explicarlles o funcionamento do Concello. Ademais, destacou a importancia formativa destes programas de intercambio “que axudan a crear sólidos vínculos entre as culturas e contribúen a formar cidadáns libres e respetuosos”.

O máximo edil lembrou que se vén de conmemorar o cincuenta aniversario da fundación da Unión Europea e sinalou que Europa tivo que reconstruirse tras dúas guerras mundiais, máis o momento actual ten que servir para construir unha Europa asentada na paz e na unión dos pobos.

Rosana Rielo animou aos rapaces a gozar da súa experiencia na cidade e entregoulles pins da Muralla e folletos informativos de Lugo como agasallos institucionais.