O Eixo Atlántico edita o libro A gobernanza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Venres, 23 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Eixo Atlántico acaba de editar o libro “A gobernanza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, no que expertos galegos e portugueses reflexionan sobre as novas formas de democracia e de gobernanza e a súa progresiva aplicación na administración da Eurorrexión.

A gobernanza constitúe un dos conceptos prioritarios das políticas da Comisión Europea no novo período de programación de fondos comunitarios 2007-2013. Este término define novos modelos de democracia e novos métodos de relación entre a administración e o cidadán.

O debate sobre a gobernanza e as iniciativas relacionadas coa súa adopción é ainda incipiente tanto en Galicia como en Portugal, polo que este libro constitúe un dos primeiros materiais para un debate que pretende identificar as necesidades e cambios en materia de gobernanza.