
A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores bonificacións a seis novas naves instaladas no Polígono Industrial das Gándaras. Estas bonificacións xa foran aprobadas no Pleno do mes de xullo e supoñen unha rebaixa do 50% na cota do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

A Concelleira de Cultura, Turismo Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o director da XXXVII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, Manuel Curiel, presentaron este martes no Salón de Plenos o libro Mercedes Cora.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, garantizou na Xunta de Voceiros deste luns a participación tanto dos grupos políticos como do tecido asociativo na nova ordenanza da ORA.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou esta mañá ás mulleres participantes no obradoiro Liderar para medrar, que deu comezo hoxe no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Paula Alvarellos, presentaron este luns no Salón de Plenos as XXIX Xornadas Penitenciarias Lucenses, que se celebrarán o luns e martes, 28 e 29 de setembro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos a unha vintena de estudantes daneses que están de intercambio no colexio Galén.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este luns novas actuacións musicais programadas para o San Froilán 2015, que terá lugar do 3 ao 12 de outubro.

A Alcaldesa, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión Social, Ana González Abelleira, recibiron este sábado no Salón de Plenos ás xogadoras dos equipos de fútbol femeninos alevín, infantil, cadete e senior S.C.D. Milagrosa.

A Concelleira de Cultura, Turismo Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inaugurou hoxe unha nova mostra no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), Charly 100%, que reúne retratos de Juan Carlos Martínez Valcárcel.
O Concello de Lugo informa de que xa existe dende hai dous anos unha aplicación para dispositivos móbiles (App) que permite aos lucenses comunicar calquera tipo de incidencia no equipamento urbano.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1041
- 1042
- 1043
- 1044
- 1045
- 1046
- 1047
- 1048
- 1049
- …
- seguinte ›
- última »