
O Campo de fútbol da Polvoreira retoma este venres a actividade tras a renovación levada a cabo polo Executivo de Paula Alvarellos.

O Executivo de Paula Alvarellos deu un paso adiante na mellora do mantemento da rede de abastecemento e saneamento de auga da cidade coa contratación dun novo servizo dedicado á reparación de avarías e labores de apoio a ambas as dúas redes.
Dende a área de Transición Ecolóxica dáse traslado de que, con motivo da celebración do seu patrón, o cadro de persoal da empresa encargada do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo festexará mañá a San Martín de Porres, de maneira que os dispositivos veranse reducidos sensiblemente durant

O Executivo de Paula Alvarellos porá en marcha un proceso participativo para concorrer á nova convocatoria de axudas financiadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e destinadas ás Entidades Locais para o seu desenvolvemento urbano sostible.

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza coa veciñanza do barrio da Milagrosa onde foi presentado o proxecto de humanización e peonalización do tramo da rúa Milagrosa comprendi

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Concellería de Deportes, chegou a un acordo co Colexio Diocesano San Lorenzo para alugar o seu Campo de Fútbol 8, facilitando o uso destas instalacións por parte dos clubs deportivos da cidade entre outubro de 2024 e xuño de 2025, coa posibilidade de e

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a Tenencia de Alcaldía está a traballar no plan de renovación da rede de alumedao público de Lugo, cunha renovación nas principais rúas que comunican a Fonte dos Ranchos coa avenida da Coruña.

Vinte estudantes da asignatura de Iniciativa Emprendedora do IES Muralla Romana, entre os que se atopaban dous alumnos do ciclo de Administración de sistemas informáticos en rede e dezaoito de Asesoría de imaxe persoal e corporativa, visitaron as instalacións do CEI-Nodus.

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, mantiveron un encontro con veciñas e veciños de San Fiz, onde vai comezar o asfaltado de 7 vías da contorna do barrio.

A Xunta do Goberno Local aprobará o mércores a adxudicación da cafetería do Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus), polo que a nova concesionaria retomará a súa actividade nas vindeiras semanas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- …
- seguinte ›
- última »