
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, logrou esta mañá o compromiso do Goberno central de iluminar a rotonda de Nadela e da posta a punto da Ponte Branca, dúas actuacións “moi demandadas e cruciais para a cidade”, segundo o rexedor, que se mostrou “moi satisfeito cos resu

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, deu a coñecer hoxe que o Goberno Local establecerá dúas novas zonas de carga e descarga no centro, “unha medida temporal, mentres rematamos as obras no centro, que decidimos de xeito consensuado coa asociación Lugo Monumental”.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a renovación do asfalto da Avenida da Coruña, no treito que discorre entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes, comezará o vindeiro luns.

Un grupo de 35 estudantes do primeiro curso do Ciclo de Marketing e Publicidade do CIFP As Mercedes de Lugo visitou as instalacións do CEI-Nodus para coñecer o seu funcionamento como centro de referencia no emprendemento tanto na provincia de Lugo como a nivel galego.

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, a concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, e a Deputada Provincial responsábel da área de Cultura, Iria Castro, mantiveron un encontro con representantes da comunidade educativa de Lugo onde presentaron o proxecto "da

Segundo aunciou a concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, maña martes será visitable en xornada de portas abertas entre as 17:00 e as 19:00 a Escola Infantil Gregorio Sanz.

A área de Transición Ecolóxica do Concello de Lugo e COGAMI presentaron hoxe na sede da entidade unha nova edición do programa Incorpora, unha iniciativa que busca facilitar a inserción laboral das persoas con diversidade funcional no sector da limpeza viaria.

O Executivo de Miguel Fernández aprobará na Xunta de Goberno local que se celebra o próximo mércores o convenio que permitirá adquirir a titularidade de dúas parcelas propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo no barrio do Castiñeiro.

A área de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, lanza unha nova iniciativa dentro do programa +XTi, coa que os lucenses terán a oportunidade de participar de balde en tres edicións de rutas 4x4.

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo continúa a traballar no plan de renovación da rede de alumedao público de Lugo, cunha nova actuación que mellorará o alumeado das rúas Monforte, Luís Cordeiro, Narciso Peinado e Serra de Ancares.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »