
O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo recibiu no concello a un grupo de estudantes e profesores procedentes de Francia que están a realizar un intercambio no IES Muralla Romana de Lugo a través do programa Erasmus.

A área de Cohesión Territorial do Concello de Lugo vén de rematar dúas importantes actuacións na rede viaria rural no núcleo de Cacabelos (Mazoi) e no acceso aos Lagos de Teixeiro.

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, participou este venres no acto de clausura do obradoiro dual de emprego ArquivaLugo, que acolleron as instalacións municipais do CEI Nodus.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou esta mañá unha batería de medidas encamiñadas a mellorar a competitividade dos polígonos das Gándaras e O Ceao.

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron unha reunión coa Asociación Veciñal do barrio de Galegos para analizar as necesidades e propostas de mellora nas infraestruturas e a seguridade do barrio.

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron as obras que se están a realizar na Garaballa de Arriba, concretamente na súa intersección coa Avenida Paulo Fabio Máximo.

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Concellería de Transición Ecolóxica, vén de instalar 14 novas papeleiras no barrio de Recatelo, atendendo ás solicitudes das asociacións veciñais e reforzando o contacto continuo co tecido social da zona.

O Concello de Lugo é un dos protagonistas da recentemente estreada plataforma-documental Future of Timber (https://www.evolvingforests.com/future-of-timber) impulsada pola fundación holandesa Built by Nature,

O Concello de Lugo activará este próximo martes un novo Plan de Tráfico na Praza de Ferrol para permitir o arranxo dos danos detectados no pavimento na banda de rodadura fronte ao Centro de Saúde e por detrás da Igrexa.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, visitou o Corro do Mouro, o xacemento arqueolóxico situado na parroquia lucense de Adai, onde esixiu á Xunta unha maior dotación económica para investigar este xacemento funerario, datado nos anos finais da Idade de Bronce, e único
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »