
Grazas á colaboración dos lucenses recolléronse 13 toneladas de tapóns de plástico.
O luns ábrese o prazo de solicitude para 6 prazas vacantes para a realización de prácticas en Viena e 4 en Florencia, ó abeiro do programa Lugoquálitas 3. As vacantes cubriranse por riguroso orde de presentación das solicitudes no Rexistro do Concello.
A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, informa que a partir do luns 3 de novembro e ata o día 20 de novembro, as persoas que teñen concedida a axuda de material educativo para educación infantil, poderán recoller o vale de 80€.

Na visita a estas dependencias municipais tomaron parte 29 alumnos e alumnas do ciclo superior de Educación Física do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

A Xunta de Goberno Local aprobou a modificación dos artigos relacionados coa selección do tribunal nas probas de acceso á administraciòn local dacordo cunha solicitude da Mesa Negociadora.
Mañá comezan as actividades de educación vial para escolares organizadas polo Concello de Lugo. Estas actividades serán impartidas por monitores do Parque Infantil de Tráfico en 22 colexios do municipio.

O derrube do vello depósito é unha das obras do proxecto de ampliación do abastecemento que rematará o anel hídrico que rodeará Lugo. A terceira fase deste proxecto ten un investimento de 7,7 millóns de euros e estará rematado en menos de ano e medio.

Os recén titulados interesados deberán presentar unha solicitude a partir do martes 30 de setembro que se abre o prazo de inscrición. O Alcalde de Lugo lembrou que o Concello de Lugo concede unha beca para pagar o aloxamento e o transporte.

Distintas Concellerías participan na organización dos actos que inclúen unha xornada con buses gratis, día sen coches no Casco histórico e un día da bicicleta. Tamén haberá charlas para escolares e para maiores.

As Concellerías de Educación e de Deportes colaboran con Xaquedrum na difusión deste deporte en Lugo. Este ano a Escola deportiva municipal de Xadrez ofrece 200 prazas e o prazo de inscrición tamén se abrirá o luns.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 252
- 253
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- 259
- 260
- …
- seguinte ›
- última »