Pediu que non se manipule a información económica "atendendo a intereses partidistas"
O Concello de Lugo conta cunha economía saneada que lle permite garantir que non reducirá o gasto social
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, destacou a evolución “moi satisfactoria” da execución do orzamento municipal nos oito primeiros meses do ano.
O Centro de Empresas e Innovación (CEI) de Lugo continúa a ser un instrumento útil para os emprendedores da cidade, de feito, o centro conta con tres novas empresas traballando nas súas instalacións.
Estas empresas caracterízanse polo seu carácter innovador e pola sensibilidade para incorporar as novas tecnoloxías ao seu traballo.
O Concello de Lugo ten previsto sacar a subasta pública antes de finais de ano once bens inmobles (garaxes, entresolos e sotos) que forman parte dos 54 embargados por impago de tributos.
A Xunta de Goberno Local aprobou o mércores 13 de agosto a posta en marcha da Escola Obradoiro A memoria da Cidade que se porá en marcha o 1 de decembro deste ano ata o 30 de maio 2010.
A partir de setembro elaboraranse as bases e o proxecto comezará a andar o 1 de decembro, para permitir que os novos titulados de setembro podan acceder tamén a este traballo.
Trátase dun dos proxectos máis innovadores obtido polo Concello de Lugo, e que conta cun orzamento total de 655.035 euros dos cales o Concello aporta 15.000 e o resto a Consellería de Traballo.
A me
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, asinou os convenios de colaboración para a realización de prácticas laborais dos alumnos dos cursos de Auxiliar de Axuda a domicilio que imparte o Concello de Lugo.
Trátase de acordos que permitirán aos alumnos destes cursos, facer prácticas laborais en empresas do sector.
Actualmente o Concello imparte 3 cursos de axuda a domicilio enmarcados no Plan FIP da Consellería de Traballo, e que contan con 15 alumnos.
Presentarase á Comisión Especial de Contas para o seu control e colgarase da páxina web municipal www.lugo.es unha vez a aprobe o Pleno
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou os datos da Conta Xeral Municipal que se levarán á Comisión Especial de Contas para o seu control, e que presentan unha “evolución satisfactoria” segundo a responsable económica.
A Conta Xeral, que se aprobará no Pleno de setembro, recolle a evolución económica dos Concellos e ten que ser sometida ao control e fiscalización do Cons
A Alcaldesa Accidental, Sonia Méndez, e o Director Xeral do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Enrique Rey, anunciaron que a Fundación CETAL convoca un concurso público co fin de seleccionar a mellor proposta que sirva de base para a contratación e a redacción do correspondiente Proxecto Técnico e a Dirección de Obra para a construcción do complexo que albergará as instalacións do Centro.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Economía e Emprego, que dirixe
Sonia Méndez, está a preparar o proceso de redacción dos orzamentos municipais
do vindeiro ano 2009. Neste proceso quere dar cabida ás opinións e aportacións
por parte da cidadanía lucense.
Trátase de acadar uns orzamentos participativos que permitan á cidadanía
decidir en que investir parte dos cartos municipais. Por iso, o pasado venres,
día 1 de agosto, enviouse unha carta ás asociacións de veciños para que realicen
as súas aportacións que se recibirán na Área de Participación Cidadá.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou que a Xunta de Goberno Local celebrada hoxe aprobou apoiar á candidatura do Descenso do Río Sella para a décimo novena edición do “Premio de Pobo Exemplar de Asturias” organizado pola Fundación Príncipe de Asturias.
A Concelleira explicou que “o apoio débese a que a Asociacións Culturais de Amigos de Parres (Arriondas) e Amigos de Ribadesella souberon aunar, nestos máis de 75 anos de existencia o deporte coa asturianía, e souberon sumar as vontades dos concellos ribereños do Sella para conseguir un feito común:
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou hoxe que 6.155 lucenses beneficiáronse das reduccións fiscais establecidas polo Concello de Lugo coas que se aforraron un total de 2.831.175 euros.
Este balance realízase no momento no que a Concellería de Economía esta a estudar as ordenanzas fiscais do vindeiro ano. A Concelleira recordou que “as ordenanzas son o documento que recolle os ingresos municipais, unha fonte principal dos orzamentos do Concello xa que soamente o IBI supón case o 15% dos ingresos e o IVTM o 5%.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 241
- 242
- 243
- 244
- 245
- 246
- 247
- 248
- 249
- …
- seguinte ›
- última »