
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, participou esta mañá na presentación da iniciativa Supermartes na Raíña, organizada polos establecementos desta céntrica rúa lucense, en colaboración co Concello e a Asociación Lugo Monumental.

O executivo de Lara Méndez executará proxectos de mellora da eficiencia enerxética en oito instalacións públicas municipais, o que suporá un investimento de 3.304.436 millóns de euros, dos que 2.689.486 millóns de euros proceden das subvencións que se acadaron do Instituto para a Diversificación

A alcaldesa, Lara Méndez, e o presidente da Federación de Veciños, Jesús Vázquez, presentaron a 23º edición da tradicional Feira do Campo e Artesanía de San Isidro da Milagrosa, que se celebrará esta fin de semana –entre o venres e o domingo- na praza da Milagrosa.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este sábado os actos institucionais dedicados ao Día de Ferrol no marco das festas patronais do San Froilán, que arrincaron coa tradicional recepción na Casa do Concello e continuaron cunha comida de confraternidade.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres na entrega de premios da campaña “Agora máis ca nunca nas tendas hai que entrar, aínda que sexa de visita”, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo.

O Concello de Lugo, coincidindo coas datas establecidas no calendario fiscal, xira estes días o recibo do imposto de circulación. No servizo de Tesouraría figuran matriculados un total de 71.282 vehículos que tributan ás arcas municipais 5.725.528’73 euros.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, foi invitada a participar este xoves, 8 de outubro, na xornada Municipios 2030.

O Concello de Lugo autorizará aos establecementos de ocio nocturno o desenvolvemento daquela parte da súa actividade puramente hostaleira, como é a venda de bebidas e comidas, en horario de tarde.

Maior brevidade procedemental e, polo tanto, máis celeridade administrativa. Obras que se licitan máis rápido e tamén servizos que dispoñen antes dos medios que necesitan para poder prestarse con dilixencia á cidadanía.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto; asistiu esta maña á presentacion de ‘Lucus In Vino Veritas’, un evento do sector vinícola que terá lugar o próximo 3 de outubro no claustro da Catedral de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- …
- seguinte ›
- última »