ncellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, organizou no Centro de Empresas e Innovacións (CEI-NODUS) unha conferencia sobre o financiamento das empresas e como financiar as actividades innovadoras. Nesta xornada participaron Daniel Yebra (asesor patrimonial) David Calvo (representante de Unirisco) e o empresario Jorge F. Amoedo que contou a súa experiencia.
A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, pecha o venres, día 9, o prazo de inscrición para a terceira edición do proceso formativo Lugo Social.
Nesta ocasión serán tres novas liñas de formación sobre paisaxismo e xardinería ornamental, auxiliar de servizos de rehabilitación e carpintería metálica.
Serán un total de 20 prazas para cada un dos cursos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, fixeron entrega dos diplomas que acreditan a superación dos itinerarios formativos que conforman o programa Lugo, cidade próxima.
Dos 281 solicitantes do proxecto, foron seleccionados 160 que se axustaban ós criterios de selección previamente establecidos.
A Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real, anunciou hoxe a creación dunha Escola de Negocios, ao amparo do Centro de Empresas e Innovación e do NODUS.
Arrinca esta idea como un mecanismo para poder ofrecer a posibilidade de ampliar os seus estudos e formación a licenciados de todos os estratos sociais e económicos.
Segundo indicou Eva Real esta Escola estará financiada por unha parte co orzamento municipal e pola outra cos Fondos Europeos do programa 2007-2013, orientadas para a formación do capital humano.
A Concelleira anunciou que contan coa col
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Promoción Económica, Eva Real, visitaron as obras de rehabilitación integral que o Concello de Lugo está a executar no edificio que acollerá a minicentral e o futuro Museo da Fábrica da Luz. O prazo de execución das obras é de 11 meses e o seu orzamento acada 1.148.852 euros. Para o seu financiamento, o Concello conta cunha subvención do 75% dos fondos europeos FEDER.
O edificio da Fábrica da Luz, de corte racionalista, é obra do arquitecto Maquieira e ten unha superficie de 760 metros cuadrados.
A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, abriu o prazo de inscrición para a terceira edición do proceso formativo Lugo Social.
Nesta ocasión serán tres novas liñas de formación sobre paisaxismo e xardinería ornamental, auxiliar de servizos de rehabilitación e carpintería metálica.
Serán un total de 20 prazas para cada un dos cursos e o prazo de inscrición xa está aberto.
O Centro de Empresas e Innovación de Lugo acolle a partir desta tarde un curso titulado "Cómo adaptar a miña empresa á L.O.P.D". Esta nova acción formativa vai enfocada a universitarios dos ultimos cursos de perfil empresarial e xurídico, e profesionais no ambito da informática e o dereito.
Con este curso preténdese incrementar os coñecementos sobre a lexislación vixente de protección de datos de carácter persoal, e as responsabilidades que se derivan do uso deses datos. Terá o recoñecemento dun credito de libre configuración para todos os estudantes da Universidade de Santiago.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiu ós participantes da asamblea anual da Asociación Profesional de Agentes de la hacienda que comezou onte na nosa cidade e que continuará ata mañá domingo 21 de outubro.
A Concelleira deulles a benvida á cidade e, como recordo da súa visita, entregoulles un pin da Muralla e diverso material informativo e turístico de Lugo.
Os participantes neste curso participaron despois da recepción no Concello dunha visita guiada polo corazón da cidade e puideron coñecer un dos elementos máis representativos de Lugo: a Muralla.
Consiste nun xogo no que estudantes universitarios loitarán por ter beneficios coas súas empresas virtuais
O Alcalde de Lugo –José López Orozco-, a Concelleira de Promoción Económica –Eva Real- e o Vicerreitor de Investigación do Campus de Lugo –Agustín Merino- visitaron o I Maratón Empresarial Universitario que está a celebrar o Concello de Lugo coa Universidade de Santiago de Compostela no Centro municipal de Empresas e Innovación (CEI).
Un total de 26 mozos divididos en 8 equipos inscribíronse nesta proba-xogo, que consiste nunha simulación empresarial para ad
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 219
- 220
- 221
- 222
- 223
- 224
- 225
- 226
- 227
- seguinte ›
- última »