O Salón de Comisións do Concello acolleu hoxe unha reunión cos responsables dos grupos de goberno con representación municipal de Lugo para dar conta da finalización do Plan de Acción da Axenda 21, elaborado coa colaboración de todo tipo de entidades e asociacións do ámbito municipal.
Con esta reunión comezou o último trámite que ten que realizar ese proxecto antes da súa entrada en vigor.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, presentou hoxe o proxecto de ampliación do parque Marcos Cela, que suporá aumentar a súa superficie entre un 17 e un 20 por cento.
Lino González explicou que non se trata dun proxecto novo “senón dunha vella aspiración deste equipo de goberno”, dixo. O proxecto contempla a adecuación do espacio comprendido entre as rúas República Arxentina e a subida da Volta da Viña.
Esta nova instalación permitirá facer unha zona de paseo para unir a Fonte dos Ranchos coa Cea de Olga.
O Concello de Lugo abre ao público durante estes días outros dez parques infantís en distintas zonas de recreo e descanso da cidade.
Un total de 461.981 euros foron destinados á posta en marcha ou á remodelación, nagún dos casos, das zonas de xogos en Albeiros, Castiñeiro, Illa Verde, polígono do Sagrado Corazón, Casas Sindicais, Aceña de Olga, Praza de Augas Férreas, Fonte dos Ranchos, Praza Roxa e no parque do Sagrado Corazón.
Este gran proxecto consistiu na adecuación das zonas de xogos con pavimento de seguridade, a colocación de xogos novos ou remodelados e reparados nalgún
A empresa Urbaser presentou esta mañá na praza de Santa María unha mostra do novo servizo de recollida de lixo e de limpeza, que foi ampliado, en convenio co Concello de Lugo, hai uns meses e que entrará en funcionamento o luns.
O Xerente da empresa en Lugo, Juan Pablo Guerrero, foi o encargado de amosar os novos vehículos que se engadiron aos xa existentes por parte da empresa, e que suporán un investimento de máis de 3,5 millóns de euros.
A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe o Concelleiro Lino González Dopeso, instalou un total de 25 mesas de madeira cos seus respectivos bancos en tres áreas verdes de Lugo.
Así, foron instaladas sete no primeiro sector do Parque do Miño (entre a entrada e a zona de aseos públicos), outras sete na Carballeira de Cea de Olga, e 11 no parque do Recinto Feiral, para substituír ás que estaban en mal estado.
Cun orzamento de preto de 12.000 euros, estas mesas e bancos teñen a función de servir de lugar de reunión e descanso aos lucenses que habitualmente pasean por estas zonas, e
Hoxe reuníronse na sede do Eixo Atlántico en Vigo as principais institucións Eurorrexionais para analizar a posibilidade de creación dunha rede Galicia-Norte de Portugal para a competitividade e a I+D, así como definir as estratexias de crecemento e innovación para o novo período de programación dos Fondos Comunitarios 2007-2013.
Na reunión presentouse a iniciativa “Rexións polo cambio económico” promovida pola Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, que foi presentada en Bruxelas o pasado mes de marzo.
O Concello de Lugo, dende a súa Concellería de Medio Ambiente, comeza a súa campaña de sensibilización a favor da reciclaxe. Baixo o lema “Nas túas mans está a peza que falta. Separar para reciclar”, ponse en marcha unha iniciativa que pretende potenciar a reciclaxe de envases de plástico, latas e bricks, para a que aínda existe pouca colaboración cidadá.
O Concello conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e de Ecoembes neste traballo de sensibilización social, para o que se repartirá material divulgativo sobre este tema.
O Servizo de Augas do Concello de Lugo terá que cortar a subministración en diversas rúas da zona das Gándaras en Lugo para levar a cabo obras de mellora na rede de abastecemento.
O corte será este mércores de 8:00 a 11:00 da mañá.
O Concello de Lugo continúa cos traballos de restauración da pérgola do Parque de Rosalía de Castro e esta mañá levou a cabo unha nova etapa do proxecto de recuperación deste emblemático espazo arquitectónico da cidade.
O Concelleiro de Medioambiente, Lino González Dopeso, ofreceu un balance das accións desenvoltas polo goberno municipal na Muralla e no seu entorno ao longo destes dous mandatos. O edil puntualizou que “a titularidade deste monumento é da Consellería de Cultura”, polo que os traballos de conservación e mantemento da fortificación, como a limpeza de herbas do paramento vertical, corresponde a dita consellería.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1852
- 1853
- 1854
- 1855
- 1856
- 1857
- 1858
- 1859
- 1860
- …
- seguinte ›
- última »