O Concello realizará dentro dos dez próximos anos as 269 propostas condensadas dentro do Plan de Acción da Axenda 21.
O Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, ratifica a versión do Concello de Lugo sobre os depósitos de terra en San Cibrao. Vázquez demostrou onte, durante o debate mantido no Parlamento co representante do Partido Popular, a existencia de denuncias de verquidos no ano 2003 no monte de San Cibrao, cando era responsable desta Consellería o popular José Manuel Barreiro. É dicir, o PP consentiu o que agora denuncia desde a oposición.
O Conselleiro explicou que unicamente se verteron terras e que o recheo serviu para rexenerar os terros.
As obras suman un orzamento de 187.037 euros
Os nenos lucenses contan con 5 novos parques de xogos infantís distribuídos en distintos barrios da cidade, 1 de nova creación e 4 remodelados.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, participaron esta mañá na plantación de carballos organizada por Caixa Galicia dentro dunha iniciativa levada a cabo polos centros de maiores desta entidade espallados por Galicia.
Neste acto de plantación, coincidente coa celebración do Día da Árbore, participaron os alumnos da Escola Infantil do Sagrado Corazón, do CEIP Quiroga Ballesteros e os membros do Centro de Maiores de Lugo.
O Director da Obra Social de Caixa Galicia, Manuel Aguilar, estivo ao fronte desta iniciativa, na que qu
A Xunta de Goberno Local de hoxe aprobou fóra da orde do día a firma do convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración do Plan Director do Parque Rosalía de Castro.
Así o informou hoxe o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, quen tamén indicou que ese plan ten un orzamento de 60.577 euros e un prazo de execución dun ano.
O Concelleiro explicou que ese plan permitirá establecer os criterios de urxencia das necesidades de modificación e reparación do parque.
O Parque Rosalía foi deseñado no 1921 polo arquitecto Ramiro Sáinz Martínez sen
O Salón de Comisións do Concello acolleu hoxe unha reunión cos responsables dos grupos de goberno con representación municipal de Lugo para dar conta da finalización do Plan de Acción da Axenda 21, elaborado coa colaboración de todo tipo de entidades e asociacións do ámbito municipal.
Con esta reunión comezou o último trámite que ten que realizar ese proxecto antes da súa entrada en vigor.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, presentou hoxe o proxecto de ampliación do parque Marcos Cela, que suporá aumentar a súa superficie entre un 17 e un 20 por cento.
Lino González explicou que non se trata dun proxecto novo “senón dunha vella aspiración deste equipo de goberno”, dixo. O proxecto contempla a adecuación do espacio comprendido entre as rúas República Arxentina e a subida da Volta da Viña.
Esta nova instalación permitirá facer unha zona de paseo para unir a Fonte dos Ranchos coa Cea de Olga.
O Concello de Lugo abre ao público durante estes días outros dez parques infantís en distintas zonas de recreo e descanso da cidade.
Un total de 461.981 euros foron destinados á posta en marcha ou á remodelación, nagún dos casos, das zonas de xogos en Albeiros, Castiñeiro, Illa Verde, polígono do Sagrado Corazón, Casas Sindicais, Aceña de Olga, Praza de Augas Férreas, Fonte dos Ranchos, Praza Roxa e no parque do Sagrado Corazón.
Este gran proxecto consistiu na adecuación das zonas de xogos con pavimento de seguridade, a colocación de xogos novos ou remodelados e reparados nalgún
A empresa Urbaser presentou esta mañá na praza de Santa María unha mostra do novo servizo de recollida de lixo e de limpeza, que foi ampliado, en convenio co Concello de Lugo, hai uns meses e que entrará en funcionamento o luns.
O Xerente da empresa en Lugo, Juan Pablo Guerrero, foi o encargado de amosar os novos vehículos que se engadiron aos xa existentes por parte da empresa, e que suporán un investimento de máis de 3,5 millóns de euros.
A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe o Concelleiro Lino González Dopeso, instalou un total de 25 mesas de madeira cos seus respectivos bancos en tres áreas verdes de Lugo.
Así, foron instaladas sete no primeiro sector do Parque do Miño (entre a entrada e a zona de aseos públicos), outras sete na Carballeira de Cea de Olga, e 11 no parque do Recinto Feiral, para substituír ás que estaban en mal estado.
Cun orzamento de preto de 12.000 euros, estas mesas e bancos teñen a función de servir de lugar de reunión e descanso aos lucenses que habitualmente pasean por estas zonas, e
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1851
- 1852
- 1853
- 1854
- 1855
- 1856
- 1857
- 1858
- 1859
- …
- seguinte ›
- última »