Diversos membros da Corporación Municipal colaboraron esta mañá na campaña de cuestación contra o cancro promovida pola Asociación Española contra el Cáncer.
A tradicional colecta de donativos, na que participaron os ediles, desenvolveuse ao longo da mañá en distintos puntos da Praza Maior e foron moitos os lucenses que realizaron aportacións económicas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá aos participantes na III Mostra de Automóbil Clásico, que se está a celebrar en Lugo por parte do Mercedes club 123 Galicia.
Os quince coches que conforma esta mostra poden visitarse entre as 13:00 horas e as 16:00 horas na praza da Soidade, fronte ao Museo.
O Alcalde agradeceu esta concentración en Lugo polo seu simbolismo ao coincidir coa Festa da Seguridade Vial e invitounos a gozar desta cidade e da celebración que ten lugar.
O Alcalde, José López Orozco, e varios membros da Corporación Municipal acompañaron aos cidadás que asistiron á concentración contra á droga e narcotráfico, que tivo lugar ás 12:00 horas diante da Casa Consitorial.
Un representante do Proxecto Home leu un manifesto de condena ao narcotráfico e ás bandas criminais que se enriquecen coa droga.
O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, participaron hoxe xunto outras autoridades na inauguración da nova sede da Audiencia Provincial.
Sobre a sede da Audiencia Provincial de Lugo, o conselleiro declarou que se trata dun “magnífico edificio” con máis de 4.000 metros cadrados útiles e un investimento superior aos 2.000.000 euros que significa un “compromiso firme” coa infraestrutura física e material coa xustiza na cidade de Lugo e na súa provincia.
“Este edificio permítenos practicamente f
Os concellos galegos en colaboración coa Federación Galega contra a Droga convocan a toda a cidadanía a participar nos actos organizados contra a droga en toda Galicia. A concentración en Lugo terá lugar ás 12:00 horas diante da Casa Consitorial.
A campaña presentada baixo o lema “Panos brancos contra a droga” é unha condena ao narcotráfico e ás bandas criminais que se enriquecen coa droga. Como símbolo deste rexeitamento colectivo, empréganse panos e bandeiras brancos.
O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu esta mañá, ás 13:30 horas, ao Alcalde de Boimorto, Ignacio Portos, que acudiu acompañado dun numeroso grupo de xubilados a visitar a nosa cidade.
O edil animou aos 76 pensionistas a gozar dun bo día na cidade de Lugo, na que se atopan de excursión, e a aproveitar ao máximo os encantos turísticos que lles ofrece. O alcalde coruñés apuntou que tiñan previsto visitar a Catedral e dar un paseo pola Muralla, despois de percorrer o centro histórico.
O Salón de Plenos acolleu esta mañá o sorteo público para a formación das mesas electorais para as eleccións municipais do 27 de maio.
Este sorteo realizouse entre os 80.969 lucenses maiores de idade inscritos no censo electoral. Para cubrir as 114 mesas electorais coas que conta o municipio lucense seleccionáronse un total de 1.026 cidadáns. Cada mesa electoral constitúese cun Presidente, un 1º Vogal e un 2º Vogal.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugura a XXII Xuntanza da Sociedade Galega de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética (SGCPRE) que se celebra esta fin de semana no salón de actos do Policlínico Lucense (POLUSA).
Nesta cita a SGCPRE, celebra os 20 anos da súa fundación. Ademais, presentarán en Lugo a edición da súa propia revista, un proxecto moi desexado por todos os membros da sociedade e que nace coa pretensión de convertirse nunha aportación científica de calidade.
Un total de 38 congresistas de toda Galicia xuntaranse na cidade para debatir sobre a especialidade.
A web municipal realizou unha enquisa sobre o problema do cambio climático co fin de coñecer a opinión dos lucenses neste tema.
Segundo os resultados obtidos neste sondeo, que propuxo tres opcións de resposta, o 81,52 % (con 481 votos) dos lucenses considera que é un asunto prioritario e hai que adoptar medidas drásticas canto antes para palialo.
Para 12,71 % dos participantes (con 75 votos) opina que é un problema real pero non é urxente adoptar medidas.
Mentres, o 5,762 % (con 34 votos) dos internautas pensan que é un asunto que non ten importancia.
Madrid, 8 de noviembre de 2007.- Cerca de 3.000 Alcaldes, Presidentes de Diputaciones Cabildos y Consejos Insulares y Concejales de toda España acudirán a partir de mañana y hasta el próximo domingo día 11, al Palacio Municipal de Congresos de Madrid para la celebración de la 9ª Asamblea General de la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), un evento que, cada cuatro años, viene a fijar las pautas de actuación de los Gobiernos Locales españoles.
En el acto de inauguración, que dará comienzo a las 12 horas, intervendrán el Tercer Teniente de Alcalde del Ayuntamiento de Mad
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1771
- 1772
- 1773
- 1774
- 1775
- 1776
- 1777
- 1778
- 1779
- …
- seguinte ›
- última »