Membros da Corporación Municipal participan na campaña de cuestación contra o cancro

Xoves, 22 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Diversos membros da Corporación Municipal colaboraron esta mañá na campaña de cuestación contra o cancro promovida pola Asociación Española contra el Cáncer.

A tradicional colecta de donativos, na que participaron os ediles, desenvolveuse ao longo da mañá en distintos puntos da Praza Maior e foron moitos os lucenses que realizaron aportacións económicas.