O Alcalde recibe aos organizadores da III Mostra de Automóbil Clásico

Xoves, 22 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá aos participantes na III Mostra de Automóbil Clásico, que se está a celebrar en Lugo por parte do Mercedes club 123 Galicia.

Os quince coches que conforma esta mostra poden visitarse entre as 13:00 horas e as 16:00 horas na praza da Soidade, fronte ao Museo.

O Alcalde agradeceu esta concentración en Lugo polo seu simbolismo ao coincidir coa Festa da Seguridade Vial e invitounos a gozar desta cidade e da celebración que ten lugar.