O Alcalde de Lugo, José López Orozco, celebrará o seu tradicional encontro dixital cos internautas este xoves, 29 de novembro, ás 18:30 horas.
López Orozco atenderá as consultas dos internautas desde o despacho de Alcaldía.
Os interesados en participar poden empezar a mandar as súas preguntas a partir das 10:00 horas da mañá a través da páxina web municipal www.lugo.es.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, e o director xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Rubén López, presentaron unha nova edición de Xuvenlugo . Como en pasadas edicións, Xuvenlugo volverá a encher de atraccións e xogos o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Do 6 ao 9, do 14 ao 16, e do 21 de decembro de 2007 ao 6 de xaneiro de 2008, Xuvenlugo ocupará os dous pavillóns e o corredor do recinto feiral lucense, establecéndose varias áreas.
PISTA DE XEO: volve a Xuvenlugo coma en edicións anteriores sendo de novo unha das atraccións estrela.
A segunda edición da Ludus Party.net arrincará este venres, día 30 de novembro, cunha intensa programación de actividades de entretemento e formación que durará máis de 50 horas ininterrumpidas. Lugo quenta motores para acoller a celebración de Ludus Party.net, a feira tecnolóxica e pioneira na nosa provincia, que se celebrará os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro no recinto de Feiras e Exposicións da cidade baixo a organización do Concello de Lugo.
Unha patrulla da Policía Local sorprendeu un individuo que conducía o turismo matrícula LU2596X, pola praza de Sto. Domingo en sentido contrario o estipulado e coas luces apagadas.
Os feitos ocorreron ás 3.30 horas do día 27, na praza de Sto Domingo. J.A.T.V., de 25 anos e veciño desta capital foi sorprendido pola patrulla cando circulaba en sentido contrario, coas luces apagadas e con síntomas evidentes de encontrarse baixo a influencia de bebidas alcohólicas motivo polo que se lle practicaron as correspondentes probas de alcoholemía nas que deu un resultado positivo de 0,97 mg/l .
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 30 de novembro o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Ronda República Arxentina
Ronda de Fingoi
Avenida de Magoi
Rúa Alfonso X o sabio
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou xunto a varios membros da Corporación Municipal a rúa dedicada ao canónigo lucense José Ferro. O acto tivo lugar este martes, día 27 de novembro, ás 13:00 horas e contou coa presenza de numerosos amigos, veciños e familiares do antigo párroco do Asilo de San Roque.
Eduardo Nuñez-Torrón, en representación da Cofradía do Cristo do Santo Perdón, ofreceu unha semblanza de José Ferro do que destacou a súa labor como párroco do Asilo de San Roque e como canónigo da catedral de Lugo.
O Concello de Lugo convertiuse xa nun exemplo de accesibilidade aos centros históricos en localidades do sur de Europa. Así se recolle na publicación “Soluciones de accesibilidad y movilidad en los centros históricos del sur de Europa”, como complemento do proxecto PAGUS, levado a cabo con financiación europea no Interreg IIIC.
Nesta publicación aparece reflectida a situación actual destes centros históricos, todos eles dunha gran tradición turística, e as solucións que se aportaron e realizaron para conseguir unha accesilidade plena.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Delegado Territorial da ONCE, Eugenio Ferradás, presentaron o programa oficial do San Froilán e a guía dos buses urbanos en braille -o medio de lectura táctil que empregan as persoas cegas-. Lugo converteuse así no concello pioneiro en Galicia e España en ofrecer este tipo de información en braille. O Concello da un paso máis no seu plan de accesibilidade, facilitando non só a accesibilidade física senón o acceso da información a todos.
Lugo acollerá unhas xornadas que conclúen o proxecto europeo do programa Pagus de accesbilidade a centros históricos. Dentro deste programa están a traballar de xeito conxunto, ademais de Lugo, a cidade italiana de Tori, Ribadavia, Vigo e Carmona.
Nas xornadas, que se desenvolverán os días 18 e 19 deste mes na Facultade de Humanidades, presentaransen as conclusións dos análises e os estudos de todas as cidades coa presenza de membros dos colectivos de discapacitados.
Os municipios de Santiago, Ribadesella (Asturias) e Fontanar (Guadalaxara) recibiron este galardón noutras categorías.
A Reina Sofía entregará os premios nas próximas semanas na Zarzuela.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1760
- 1761
- 1762
- 1763
- 1764
- 1765
- 1766
- 1767
- 1768
- …
- seguinte ›
- última »