A Policía Local sorprende un individuo, con unha tasa de alcohol de 0.97 mg/l, que conducía un turismo en sentido contrario na praza de Sto Domingo

Martes, 27 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Unha patrulla da Policía Local sorprendeu un individuo que conducía o turismo matrícula LU2596X, pola praza de Sto. Domingo en sentido contrario o estipulado e coas luces apagadas.

Os feitos ocorreron ás 3.30 horas do día 27, na praza de Sto Domingo. J.A.T.V., de 25 anos e veciño desta capital foi sorprendido pola patrulla cando circulaba en sentido contrario, coas luces apagadas e con síntomas evidentes de encontrarse baixo a influencia de bebidas alcohólicas motivo polo que se lle practicaron as correspondentes probas de alcoholemía nas que deu un resultado positivo de 0,97 mg/l .
O Equipo de Atestados da Policía Local instruíu as dilixencias xudicias por un presunto delito contra a seguridade do tráfico.