O xurado do XXVI Premio Blanco Amor de Novela Longa decidiu nomear como gañador da edición deste sábado a Inma López Silva pola súa novela Memoria de Cidades sen Luz
A xuntanza do xurado tivo lugar hoxe sábado 5 de abril a partir das 11:30 horas na Casa do Concello de Lugo para decidir o nome do gañador desta edición.
Recordemos que este premio está patrocinado por 75 concellos galegos e que está considerado como o máis importante da narrativa en lingua galega cun importe que supera os 12.000 euros.
O xurado que decidiu a novela gañadora, de entre as 27 obras presentadas a
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe un ciclo de charlas que, ao longo do mes de abril, se levarán a cabo en oito institutos da cidade. Baixo o título Prevención de trastornos da alimentación preto de 700 alumnos de secundaria recibirán nocións básicas para a prevención dos transtornos alimenticios como o son a anorexia e a bulimia.
O xurado do premio Anxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, ofreceu hoxe o resultado da súa deliberación de onte sobre os dous gañadores nas dúas categorías.
É obrigatorio presentar a documentación que acredite o empadroamento ou que se está a traballar o estudar na cidade
Hoxe, luns 7 de abril, rematou o prazo para inscribirse á viaxe ao Gran premio de España de Fórmula 1 organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre.
O Concello quere facilitar aos mozos e mozas de Lugo afeccionados a este deporte a posibilidade de asistir o vindeiro 27 de abril ao circuíto de Montmeló que acollerá a proba nacional máis importante de Fórmula 1, e gozar dun evento desta magnitude en primeira fila.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou hoxe o Proxecto Parque dentro do IV Congreso Nacional de Áreas Empresariais que este ano se celebra en Zaragoza.
Neste evento de gran trascendencia en España, participan ademais o Presidente do Goberno de Aragón, a Ministra de Vivenda, o Delegado do Goberno en Aragón, o Alcalde de Zaragoza, o Presidente da FEMP e numerosas autoridades relacionadas co Comercio.
O relatorio da responsable municipal lucense está enmarcado na xornada Que se pode facer para dinamizar os parques empresariais?.
Méndez explicou que os ob
Un total de 47 mozos e mozas da cidade participarán dende mañá , sábado 5 de abril, ata o 31 de maio nunha nova actividade de baile organizada polo Servizo Municipal de Drogodependenzas da Concellería de Muller e Benestar Social.
Os 16 grupos, nos que se dividen os participantes en Iníciate á fama, contarán coa axuda de profesionais da Escola de Baile Star Dance todos os sábados de 19:30 a 22:30 horas na sede da escola sita na rúa Ángelo Colocci, 29.
As rapazas e rapaces poderán especializarse en diferentes modalidades de baile:
- Baile moderno.
- Baile de salón.
Este venres, 4 de abril, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.
Nesta ocasión proxectarase a película A voda do Monzón. Conta cinco historias interconectadas que exploran os distintos aspectos do amor e cruzan as fronteiras xeográficas, sociais e morais.
A Concellería de Educación, que dirixe de María Dolores Vieiro, levará a cabo durante o mes de abril un completo programa de animación á lectura para rapaces de educación infantil ata bacharelato.
Trátase dunha serie de actividades que se están a desenvolver dende o mércores 2 de abril e que se alongarán ata finais de mes. O inicio desta campaña coincidiu coa celebración do día Día Internacional do Libro Infantil e terá outra data sinalada: o 23 do mesmo mes do Día Mundial do Libro.
A Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, abre mañá venres o prazo para inscribirse nos talleres de coiro e de corazas do Arde Lucus 2008.
Os que o desexen poderán deixar os seus datos na Oficina de Información Xuvenil situada no 3º andar do Centro Social Uxío Novoneyra entre as 9 e as 14 horas ou de 16:30 a 19 horas.
O taller de coiro e corazas é unha das novidades que inclúe o Arde Lucus deste ano que terá lugar os días 20, 21 e 22 de xuño.
A Concelleira de Cultura mantivo unha nova xuntanza cos responsables políticos que integran a Comisión de Festas, para tratar de novo a proposta feita polos polbeiros e caseteiros de San Froilán, que solicitan que se cambie a fórmula de adxudicación do solo e se establezan condicións similares ás que teñen os feirantes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1722
- 1723
- 1724
- 1725
- 1726
- 1727
- 1728
- 1729
- 1730
- …
- seguinte ›
- última »