A sede da Fundación Caixa Galicia acollerá o luns 26 de maio o decimoquinto concerto deste Festival de Música Cidade de Lugo que organiza a Concellería de Cultura da cidade. Este concerto está dedicado a un repertorio moi singular e atrainte como son as suites para violoncello só de Johann Sebastian Bach. O protagonista do concerto será Plamen Velev.
O Concello considera boa a proposta feita pola Consellería de Vivenda e decide apoiala marcando un calendario de traballo
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, mantiveron unha xuntanza co Director Xeral do IGVS, Daniel Pino Vicente, o Delegado en Lugo da Consellería de Vivenda, Cosme Eladio Pombo, e representantes dos veciños de A Ponte, de Aquilino Iglesia Alvariño, da Fundación Secretariado Xitano e da Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo, para tratar a adxudicación das vivendas soci
Mañá, sábado 24 de maio, celébrase a terceira proba do I Campionato de velocidade Cidade de Lugo organizado pola Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, en colaboración co Clube Slot Lucus a partir das 10:00 horas.
A competición está composto por unha serie de probas de scalextric que se veñen desenvolvendo dende o 8 de marzo no Centro Social da Milagrosa.
Para as probas do campionato montouse unha espectacular pista, segundo as características e parámetros establecidos para ditos encontros.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Subdirector Xeral de Educación e Divulgación da DXT, Antoni Riu, recibiron no Pazo de Feiras e Congresos aos equipos participantes no XLIV Concurso Nacional de Educación Vial e no XXX Concurso Nacional de Seguridad Vial en Ciclomotor.
Esta proba reune en Lugo un total de 89 equipos de toda España, que representan a 13 Comunidades Autónomas e 70 cidades españolas.
Aderíronse á Asemblea da Asociación Impulsora do Pacto novos Concellos e a Confederación de Empresarios
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, asistiu á constitución do Pacto Territorial de Emprego de Lugo celebrado esta mañá no Salón de Actos do Centro de Empresas e Innovacións.
Nesta xuntanza explicouse o alcance do Pacto e se elixiron os órganos do mesmo, quedando configurados do seguinte xeito:
-Presidente: D.
O Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, deu conta da primeira xuntanza mantida con técnicos e equipo redactor do Plan Xeral dende que o pasado día 8 consensuasen entre todos os grupos políticos un calendario fixo para a aprobación.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu ao Embaixador de España na Santa Sede, Francisco Vázquez.
Hoy ha comenzado en Lugo el Campeonato de España de fútbol sala sub-18 por selecciones territoriales con la primera jornada de grupos, torneo que está organizado por la RFEF junto con la Fundación Azkar y que cuenta con la colaboración del Excmo. Ayuntamiento de Lugo y la Excma. Diputación Provincial de Lugo.
O piano ocupa un lugar destacado na programación desta trixésimosexta edición do Festival de Música Cidade de Lugo e tras o exitoso recital da pianista inglesa Joanna MacGregor e o concerto do pasado luns dedicado aos concertos do Clasicismo protagonizado por Kennedy Moretti, chega agora a terceira cita dedicada ao rei dos instrumentos.
Este ano, o festival inicia unha colaboración co Concurso de Piano de Ferrol que consiste basicamente na presentación en Lugo dos gañadores deste certame.
Dentro do programa de actividades do Área de Protección da Comunidade do Concello de Lugo e en colaboración coa Academia Seguridade Pública de Galicia, da Consellería de Presidencia , Administraccións Públicas e Xustiza e para a formación do persoal voluntario de protección civil desenvolverase dende hoxe, mércores 21 de maio ata o sábado 31, un curso teórico-práctico de segundo nivel de loita contra incendios urbanos e forestais.
O curso ten un total de 40 horas de duración, en horario de 20:00 a 22:30 horas de luns a venres , e sábado de mañá e tarde .
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1704
- 1705
- 1706
- 1707
- 1708
- 1709
- 1710
- 1711
- 1712
- …
- seguinte ›
- última »