A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, entregaron hoxe os diplomas acreditativos aos asistentes aos cursos de vixiante e seguridade organizados pola súa Concellería a través do Servizo Municipal de Drogodependencias.
Foron dous accións formativas que se desenvolveron dende o 1 de febreiro ao 7 de xuño: O primeiro deles corresponde á segunda edición do Curso de Vixilante de Seguridade, que impartiron profesionais do Grupo Cetssa e que contou con 40 participantes, o total das prazas ofertadas.
O vindeiro luns, 16 de xuño, entregarase na Casa do Concello o XXVI Premio Blanco Amor de Novela Longa.
O Alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deron a coñecer o proxecto da Iniciativa Urbana de Lugo, coñecido como Plan Urban, que hoxe foi concedido polo Ministerio de Economía e Facenda.
Supón un investimento para a cidade de 16 millóns de euros, procedentes de fondos FEDER, -8 millóns de euros- da Consellería de Economía da Xunta de Galicia -1 millón de euros- da Deputación provincial -3 millóns de euros- e do Concello de Lugo -3.942.000 euros.
Esta boa nova, é unha mostra do intenso traballo que se leva a cabo dende o depart
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou este mércores na inauguración do edificio do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo ( CACTUS), que se puxo hoxe en marcha.
No acto tamén estiveron o Reitor da USC, Senén Barro, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o Director Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde-Pumpido.
López Orozco destacou a importancia de que as institucións traballen unidas “non hai que multiplicar ente
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu unha nova xuntanza do Padroado do Centro Asociado da UNED en Lugo que tivo lugar na sede do FORCAM que acollerá a Universidade a distancia.
A orde do día incluía aspectos de trámite e o nomeamento de José Luís Prieto como Director do Centro de Lugo. Tamén se presentou o informe da marcha das obras que se están a facer para adaptar o edificio ás necesidades da UNED, e López Orozco sinalou que marchan ao ritmo esperado “polo que en outubro comezará o curso académico con normalidade”.
Mañá venres, 12 de xuño, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre coa proxección da película Agua.
A historia transcorre en 1938, na India colonial, en pleno movemento de emancipación liderado por Mahatma Gandhi.
Segundo as crenzas hindús, cando unha muller casa, convértese na metade do home; polo tanto, se el morre, considérase que a metade da esposa morreu.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo celebrada o pasado 7 de maio, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación de bases e convocatoria do proceso selectivo para a confección dunhas listas para contratación de persoal laboral temporal (contratado laboral interino ou contratado laboral temporal) para prestar servizos no Concello de Lugo na categoría de oficial albanel para a brigada de vías e obras.
As bases fixéronse públicas a través dun anuncio de no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e dende ese momento están colgadas tamén na web do Concello.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, recibiu hoxe en Madrid, en nome do Concello de Lugo, o premio Escoba de Prata en recoñecemento á traxectoria que está a ter na cidade o servizo de recollida de lixo e o mantemento da limpeza das rúas que depende da Concellería que dirixe. González Dopeso destacou a importancia da colaboración dos veciños para a consecución deste galardón: “Este é un premio a moitos anos de traballo.
Axentes da Policía Local en colaboración co servizo de lacería da Sociedade Protectora de Animais recolleron un can abandonado nunha vivenda da rúa Tunel de Oural, 39 o pasado día 6 de xuño.
Un veciño alertou aos axentes que neste inmoble había un can atado na cociña, sin comida e en situación de abandono, xa que dende había uns días a inquilina faltaba do mesmo descoñecendo o seu paradoiro.
Os axentes investigan estes feitos e póñenos en coñecemento do Xulgado Contencioso Administrativo para pedir a autorización e poder entrar neste domicilio a rescatar o can.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1692
- 1693
- 1694
- 1695
- 1696
- 1697
- 1698
- 1699
- 1700
- …
- seguinte ›
- última »