O Concello de Lugo celebrará o vindeiro domingo, 30 de novembro, o VIII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade coa actuación na cidade de Paco Ibáñez. O concerto terá lugar no Auditorio Gustavo Freire a partir das 20:30 horas.
O Alcalde de Lugo José López Orozco quere que todos os lucenses “celebren a conmemoración da Muralla como Patrimonio porque foi un acto que nos uniu naquel momento e agora nos ten que unir ainda máis”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Salón de Plenos do Concello a un grupo de 20 nenos e nenas de 5 a 12 anos e a 14 profesores chegados das escolas asociadas á UNESCO de diversas autonomías de España.
Esta visita enmárcase dentro do II Encuentro de Jóvenes y Patrimonio que se está a celebrar en Santiago de Compostela dende onte venres 28 de novembro e ata mañá domingo día 30.
A finalidade do encontro é que os alumnos e alumnas premiadas no concurso “El patrimonio en mi comunidad autónoma, dentro do Proxecto da Unesco: El Patrimonio en manos de los Jóvenes, comp
- “VIOLENCIA DE XÉNERO E COMUNICACIÓN, UNHA RELACIÓN CONTROVERTIDA” Isabel Menéndez
Os medios de comunicación son considerados o 4º poder (poder blando), é o poder de persuasión.
Os medios son un axente de socialización.
O gran problema é que os medios que en realidade son un servicio público, hoxe en día rixense máis pola rentabilidade e eso fai que en moitas ocasións se olviden da ética periodística.
Ata fai pouco non se via a VX como un problema, as únicas que se consideraban eran a delincuencia e o terrorismo.
Fai 11 anos
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez, presentaron hoxe as últimas novidades relacionadas coa terceira edición da LudusParty.net que terá lugar a partir do 5 de decembro no Pazo de Feiras e Congresos, e que poderá contará cunha participación de 650 internautas, 400 persoas xa inscritas.
A Concelleira indicou que “queremos que sexa para todas as idades e plantarlle cara ás estadísticas que sitúan a Galicia nos últimos postos da utilización das novas tecnoloxías con este encontro que se está a converter nun r
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, presentaron hoxe a iluminación que haberá durante as datas do Nadal en diferentes rúas da cidade.
Como todos os anos o Concello e a Federación asinan un convenio para a luz ornamental da cidade nestas festas, pero nesta ocasión atopámonos coa novidade de que, para contribuir ao aforro enerxético, instalaranse arcos luminosos de baixo consumo que estarán situados nunhas 28 rúas.
O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, e o
Secretario Xeral da Federación de Servizos Públicos da UXT de Lugo, Eliseo Rivas Pernas, asinaron hoxe un acordo co obxectivo de mellorar o marco de relacións laborais no Concello de Lugo.
O motivo deste acordo é restablecer un clima de diálogo permanente e constructivo entre o Goberno Local e o sindicato que permita mellorar as condicións de traballo de todos os empregados públicos, da productividade, da mellora de servizos, da oferta de emprego público, carreira profesional, promoción, conciliación da
Como cada 25 de novembro queremos honrar ás mulleres vítimas da violencia de xénero, que este ano saldouse xa a vida de 57 mulleres, unha cifra que non pode quedar no olvido e que debemos tratar de disminuir dende todos os frentes.
A violencia de xénero é a máxima manifestación de desigualdade entre mulleres e homes que perdura na sociedade actual vulnerando dereitos fundamentais como a vida, a integridade física e psíquica, a dignidade e a liberdade que forman parte do conxunto de dereitos que teñen as mulleres polo feito de ser persoas e cidadás.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; a Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez; e o profesor da USC, Javier Serrano inauguraron hoxe o Congreso Internacional de Literatura hispánica e prensa periódica (1875-1931), que terá lugar na Facultade de Humanidades do campus de Lugo ata o 28 de novembro.
O propósito deste Congreso é o de actualizar as principais liñas de estudo neste campo, coordinar aos grupos de investigación que moi destacadamente están a traballar neses ámbitos, intercambiar pr
O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou hoxe que debido ás melloras que se van a realizar o día 27 de novembro nas tuberías da Rede Arterial de Augas na cidade poderán producirse unha serie de cortes de auga en diferentes zonas da cidade.
Segundo anunciou o Concelleiro, “as zonas altas da cidade quedaranse sen suministro de auga e o resto da cidade con menos presión da habitual, o vineiro xoves desde as 6:00 horas ata que se rematen os traballos, aproximadamente ás 22:00 horas”.
As actuacións levaranse a cabo nas tuberías da Rede Arterial situada n
“PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DENDE OS SERVICIOS SOCIAS”
Mª José Castro
Concienciación da sociedade do problema en todalas suas formas.
Condena da sociedade de calque tipo de violencia.
Sensibilizar á sociedade para que tome un papel activo no problema.
Cuestionar, luchar y trasformar as desigualdades.
- Hai que ter en conta que a VX non é un problema da Muller se non que é para as mulleres, derivado dos condicionantes da cultura patriarcal.
3 tipos de prevención:
Primaria : Información
Á sociedad
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1649
- 1650
- 1651
- 1652
- 1653
- 1654
- 1655
- 1656
- 1657
- …
- seguinte ›
- última »