O penúltimo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus estará tamén dedicado a lembrar, a rendir merecida homenaxe, a Haendel no 250º aniversario da súa morte. Tras a música sacra no concerto inaugural do Scholars Baroque Ensemble e do oratorio Il trionfo del Tempo e del Disinganno éo turno dun dos xéneros musicais máis típicos do Barroco, o da cantata, no que Haendel deixou boa mostra do seu xenio e da súa incrible capacidade para dar vida musical a todo tipo de textos dramáticos e teatrais.
Ademais da especial programación que esta edición do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus dedicou a Haendel no 250º aniversario da súa morte, non se esqueceron outras destacadas efemérides musicais deste ano 2009 como son a de Haydn e, neste concerto de clausura do festival, a do compositor barroco inglés Henry Purcell, de quen se celebra o 350º aniversario do seu nacemento.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez, presentaron os talleres nos que participarán diferentes colexios da cidade co obxectivo de fomentar a participación no Arde Lucus MMIX.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou as bases dos diferentes concursos organizados dentro do programa do Arde Lucus MMIX co que se pretende unha maior participación da poboación lucense nesta festa.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Delegada da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Patricia Rico e o presidente da Asociación Xuvenil do Sagrado Corazón, Rubén Engroba, presentaron o V Día do Basket de Lugo.
Nesta competición, que terá lugar mañá 30 de maio ao longo de todo o día en diferentes canchas de baloncesto da cidade, participarán un total de 600 xogadores e xogadoras de 55 equipos de 23 clubes de toda Galicia.
O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias do Concello de Lugo organizou para o vindeiro domingo 31 de maio, unha serie de actividades co motivo da celebración do Día Mundial sen Tabaco que terán lugar entre as 11:00 e 14:00 horas.
Catro monitores repartirán diante do Concello folletos informativos sobre o consumo tabaco, facilitando as informacións oportunas a todos aqueles que o soliciten. Ademais, haberá como en anos anteriores o troque de caxetillas de tabaco por agasallos.

* O Alcalde dixo que o seu goberno é o do benestar social e o estímulo do emprego polo que están estudando aumentar as partidas de emerxencia social e as destinadas para PILES
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e da Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Deporte, Carmen Basadre, tratou de resumir o traballo realizado durante estes dous anos polo equipo de goberno.
A Xunta de Compras do Concello de Lugo celebrada hoxe venres, 29 de maio, aprobou o investimento de máis de 20.000 euros para a realización de obras de mellora en dous centros educativos da cidade.
No centro Fingoi II realizaranse obras de mellora da accesibilidade e peche por un importe de 6.957 euros. Estas obras serán realizadas pola empresa Penas.
No Colexio de Casás, procederase á sustitución das portas de peche metálico. Esta actuación contará cun orzamento de 13.229 euros e será ejecutada pola empresa Portosar Galicia.
A Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro, celebra mañá a Festa da Seguridade Vial no Parque Infantil de Tráfico do Concello.
Nesta cita está previsto que participen centros educativos de toda Galicia, pero tamén poderán recollerse as invitacións para participar de forma libre nas actividades programadas para todo o día nunha cabina que estará situada nas inmediacións do López Mella.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Sociedade Cultural Deportiva Milagrosa, Magín López, presentaron o VIII Campus de Fútbol Multideporte Cidade de Lugo que terá lugar no campo de fútbol Luís López Gorgoso entre o 22 e o 27 de xuño.
Segundo explicou Óscar Seijas, o coordinador do campus “poderán participar nenos nados entre 1994 e 2003 que se dividirán en grupos de traballo de pequefútbol, iniciación e perfeccionamento”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1593
- 1594
- 1595
- 1596
- 1597
- 1598
- 1599
- 1600
- 1601
- …
- seguinte ›
- última »