
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou hoxe, nunha reunión telemática, ás distintas asociacións que traballan cos colectivos vulnerables do municipio as bases do Muramiñae Rehabilita, un Plan de Intervención Socio-Laboral municipal que permitirá desenvolver durante seis meses obras de mellora

O Concello de Lugo retoma hoxe, 1 de xuño, os procesos selectivos que foran convocados con anterioridade ao 14 de marzo pola Institución local e que tiveron que adiarse como consecuencia da suspensión de prazos establecida durante o Estado de Alarma.

O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas informou de que a partir de mañá se pechará a circulación da Rúa Rei Chiquito debido ao inicio dos traballos de asfaltado no tramo comprendido entre a rúa Atalaia e a intersección coa vía de servizo da N-VI.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou que durante os pasados días se realizaron actuacións de mantemento no Aparcadoiro Municipal do HULA.

A concellería de Infraestruturas Urbanas informa á veciñanza que se está a realizar a reparación de distintos baches nas vías de Castelo de Abaixo. Desde o Concello de Lugo pídese á veciñanza que que se tomen as debidas precaucións mentres se realicen os traballos.

O Goberno de Lara Méndez, dende a área de Xuventude que dirixe Ana González Abelleira, lanza unha campaña de igualdade en Tik Tok, a rede social máis de moda entre os adolescentes.
A concellería de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou polas posibles molestias e para que se tomen as debidas precaucións que, nos pasados días, se levaron a cabo as tarefas de renovación iluminación das rúas Yañez Rebolo, Xulia Minguillón, Tino Grandío e Pintor Villamil.

Preto de 140 promotores e particulares se beneficiaron, só neste mes de maio, do aprazamento das taxas urbanísticas promovido polo goberno de Lara Méndez.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, vicepresidenta do Eixo Atlántico, participou hoxe na Comisión Executiva do organismo, que acordou solicitar ao presidente da Xunta na súa condición de presidente da Comunidade de Traballo Galicia- Norte de Portugal, a convocatoria urxente dun plenario do devandit

Durante o día de hoxe, a área de Mobilidade e Infraestruturas realizou a reparación da capa de rodadura da rúa Salvador de Madariaga e a súa conexión coa praza de Bretaña.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 590
- 591
- 592
- 593
- 594
- 595
- 596
- 597
- 598
- …
- seguinte ›
- última »