
Delito contra a seguridade viaria e utilización fraudulenta de documento público

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este sábado os actos institucionais dedicados ao Día de Ferrol no marco das festas patronais do San Froilán, que arrincaron coa tradicional recepción na Casa do Concello e continuaron cunha comida de confraternidade.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este venres na entrega de premios da campaña “Agora máis ca nunca nas tendas hai que entrar, aínda que sexa de visita”, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou no día de hoxe o 17º libro da colección San Froilán dos Devanceiros xunto con autor, Adolfo de Abel Vilela.

A área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, abre o luns, 12 de outubro, a inscrición para a a actividade de Conducción Segura, enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.

Esta semana daban comezo as tarefas de poda do arboredo municipal. En total os traballos afectarán a 1.600 exemplares dunha vintena de especies distintas, distribuídas entre as rúas, onde se atopan plantados ao redor de 900, e os xardíns, nos que se contabilizan aproximadamente outros 700.

O Concello de Lugo, coincidindo coas datas establecidas no calendario fiscal, xira estes días o recibo do imposto de circulación. No servizo de Tesouraría figuran matriculados un total de 71.282 vehículos que tributan ás arcas municipais 5.725.528’73 euros.

Detención polos delitos de atentado a axentes da autoridade, resistencia grave e delito contra a seguridade viaria

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inaugurou a exposición de fotografía A Outra Festa, que o fotógrafo lucense Adra Pallón realizou coas imaxes capturadas durante a edición 2019 do San Froilán e que se encadrou dentro das actividades da semana cultur

O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, presentou no día de hoxe o novo microbus Mercedes co que conta o Concello, que a partir de mañá cubrirá o servizo da liña 11.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 545
- 546
- 547
- 548
- 549
- 550
- 551
- 552
- 553
- …
- seguinte ›
- última »