ista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos no procedemento selectivo de acceso en propiedade a 16 prazas de Garda da Policía Local
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe definitivamente o Plan Municipal de Emerxencias do Concello de Lugo, o que a converte na única gran cidade de Galicia xunto á Coruña que ten este importante documento.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira, acompañados por todos os membros da Patrulla Verde, presentaron o novo vehículo todoterreo que estará a disposición desta Patrulla para ofrecer un mellor servizo ós cidadáns. Con esta adquisición conclúe a renovación do parque móbil policial, que nos últimos catro anos chegou ó 60% dos vehículos.
O Alcalde aproveitou a ocasión para felicitar á Patrulla Verde polo magnífico traballo que está a desenvolver.
O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, e o Concelleiro de Protección da Comunidade en funcións, José Ángel González Corredoira, visitaron a Sala de Tráfico situada nas dependencias da Policía Local, que experimentou notables melloras. Ademais informaron doutras novidades que, en total, supuxeron un investimento de case 90.000 euros.
“Esta sala está totalmente dixitalizada e conta con persoal que tamén pode facer cambios manuais segundo as necesidades do momento”, explicou o Alcalde diante os novos monitores.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou o balance do traballo da Patrulla Verde nos seis primeiros meses do 2007. O edil explicou que os axentes tramitaron xa un total de 1.988 denuncias e informes estreitamente relacionadas co Urbanismo, Medio Ambiente e Protección da Comunidade, concellerías das que depende.
Os servizos de Bombeiros e Policía Local do Concello de Lugo tiveron esta madrugada varias saídas por mor da intensa choiva que caeu sobre a cidade desde as 5.00 horas.
Os Bombeiros tiveron que achicar auga en tres garaxes sitos nas rúas Castelo de Abaixo, 102; Fontiñas, 90 e San Eufrasio, 4, a Policía Local levantou atestado. As 7.00 horas os bombeiros trasladaronse á Calzada das Gándaras coa rúa Serra de Meira, neste punto tiveron que intervir achicando auga na calzada, no inmoble nº 1- 11 onde colaboraron con dous condutores para retirar os turismos do garaxe.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, o de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a de Xuventude, Carmen Basadre e a de Educación, Dolores Vieiro, presentaron a Semana da Mobilidade 2007 que comezará o vindeiro luns 17 de setembro.
Cinco Concellerías traballan xuntas para presentar un completo programa de actividades ó longo de toda a semana, favorecendo o uso de transportes alternativos ó automóbil.
Un ano máis o Concello lucense quere colaborar na reducción do uso do coche pola cidade e na concienciación cidadá para contribuir á consevación do medio ambiente medi
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, explicou hoxe os esforzos efectuados polo Concello de Lugo para atender ó cidadán en materia de vixiancia, rescate e salvamento no río Miño.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade e o Director do INEGA Xoán Ramón Doldán García, presentaron o novo servizo de aluguer de bicicletas que será gratuíto en Lugo ata o ano 2008.
Rebicíclate, nome que recibe esta nova oferta do Concello de Lugo para a cidadanía, ten como obxectivo que os lucenses se reciclen, que cambien o “chip” e que comecen a ver as bicicletas como un medio de transporte alternativo máis beneficioso para o Medio Ambiente.
Non é un deporte nin unha diversión só para o verán, senón que permite percorrer a c
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, informou do auto dictado polo Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo que levanta a suspensión cautelar das probas de oposición para a Policía Local e permite que comecen con plena normalidade o martes 25 de setembro, tal e como estaba previsto dende a súa convocatoria.
Esta resolución, confirma que o proceso seguido dende o Goberno local é un proceso totalmente claro e transparente.
Recordemos que este auto é o resultado dun recurso realizado a principios de setembro por dous policías que traballaron como interinos na Po
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1883
- 1884
- 1885
- 1886
- 1887
- 1888
- 1889
- 1890
- 1891
- …
- seguinte ›
- última »