O prazo para inscribirse nos cursos de Monitor de Tempo Libre e Director de Tempo Libre, que remataba mañá, amplíase ata o 27 de febreiro para cubrir as derradeiras prazas. Os interesados en matricularse deberán formalizar a súa solicitude na Oficina de Información Xuvenil (OIX), situada no 3º andar do Centro Social uxío Novoneyra.
Estes cursos teñen unha duración de 350 horas (200 teóricas e 150 prácticas) e as clases impartiranse na Escola de Tempo Libre, na rúa Monte Picato. O curso de Monitor de Tempo Libre ofértase en dous horarios distintos: fin de semana ou de luns a xoves.
O Concello abre mañá, sábado, 21 de abril, o prazo de presentación de documentación para o proceso selectivo de contratación temporal de traballadores sociais e tamén de animadores sociais. O prazo permanecerá aberto até o 30 de abril.
As bases da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios do edificio de Servizos Administrativos do Concello, situado na Ronda da Muralla, 197.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou unha nova edición de Xoves con Arte que organiza por segundo ano consecutivo a súa Concellería. Os monólogos abren esta edición, que se prolongará dende febreiro ata o mes de xuño.
O programa Xoves con Arte busca ofrecer actividades culturais e de entretemento á mocidade lucense. Os distintos actos programados desenvolveranse os primeiros xoves de cada mes dende febreiro a xuño. A primeira cita terá lugar o vindeiro xoves, día 1 de febreiro, ás 21 horas no salón de actos da Facultade de Veterinaria.
Concello de Lugo ofrecerá mañá, mércores, e o xoves unhas xornadas de demostración tecnolóxica co título Rede Wi-Max e Servizos VoIP na empresa, dirixidas especificamente aos empresarios do Ceao ao amparo do proxecto Parque.
Estas xornadas están organizadas pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, e terán lugar no Centro de Servizos Tecnolóxicos NODUS.
As xornadas comezarán ás nove e media da mañá cunha demostración práctica do funcionamento do sistema de viotelefonía IP, que se porá a disposición das empresas do polígono.
O prazo para inscribirse no curso de Maxia e os dous de Linguaxe de signos remata este mércores, ás 20:30 horas. Os interesados en matricularse deberán formalizar a súa solicitude na Oficina de Información a Xuventude, situada no 3º andar do Centro Social Uxío Novoneyra ou na Casa da Música.
Estes tres cursos estrean a nova faceta de formación da Casa da Música que cumpre o cometido de servir de espazo de aprendizaxe para a mocidade lucense.
Centro de Empresas e Innovación de Lugo acollerá un curso titulado "Cómo adaptar a miña empresa á L.O.P.D". Esta nova acción formativa vai enfocada a universitarios dos ultimos cursos de perfil empresarial e xurídico, e profesionais no ambito da informática e o dereito.
Con este curso preténdese incrementar os coñecementos sobre a lexislación vixente de protección de datos de carácter persoal, e as responsabilidades que se derivan do uso deses datos.
Mañá, sábado, comezarán os cursos organizados pola Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, nos que se oferta unha formación orientada a diferentes saídas no mercado de traballo e que completan os de tipo musical que se imparten na Casa da Música.
Algúns cursos repiten temáticas abordadas en anteriores edicións que tiveron moita demanda entre a xuventude lucense. É o caso dos Cursos de Monitores de Tempo Libre ou de Linguaxe de Signos. Outros son pioneiros na cidade, como o Curso de Maxia.
O Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, e a Universidade de Santiago organizaron o I Maratón Empresarial Universitario, que se celebra o xoves e o venres no Centro de Empresas e Innovación.
Un total de oito equipos están xa inscritos para esta proba ou xogo, que consistirá nunha simulación empresarial para adestrarse na toma de decisións. É a primeira vez que se realiza este xogo en Galicia e está destinado principalmente aos estudantes de último ano de carreira.
Un grupo de rap inaugura esta tarde na Casa da Música un ciclo de concertos de grupos que ensaian neste marco e que están inscritos no censo de grupos musicais do Concello.
Alex W e Eukore presentarán esta tarde a súa música ante o público lucense a partir das oito e media da tarde. Este concerto ofrece un segundo significado para a Casa da Música, creada non só como lugar de ensaio dos grupos, senón tamén como lugar de concertos gratuítos.
Así o anunciou hoxe a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, quen falou do éxito que está a ter este lugar de reunión.
Consiste nun xogo no que estudantes universitarios loitarán por ter beneficios coas súas empresas virtuais
O Alcalde de Lugo –José López Orozco-, a Concelleira de Promoción Económica –Eva Real- e o Vicerreitor de Investigación do Campus de Lugo –Agustín Merino- visitaron o I Maratón Empresarial Universitario que está a celebrar o Concello de Lugo coa Universidade de Santiago de Compostela no Centro municipal de Empresas e Innovación (CEI).
Un total de 26 mozos divididos en 8 equipos inscribíronse nesta proba-xogo, que consiste nunha simulación empresarial para ad
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1872
- 1873
- 1874
- 1875
- 1876
- 1877
- 1878
- 1879
- 1880
- …
- seguinte ›
- última »