O Concelleiro de Medioambiente, Lino González Dopeso, presentou un informe cos resultados das últimas análises practicadas nas 52 fontes públicas municipais. Segundo indican os parámetros resultantes, un total de 20 fontes son declaradas aptas para o consumo, aínda que o Concello non ofrece garantías sanitarias sobre o consumo de auga das mesmas.
As outras 32 fontes que existen foron declaradas non aptas para o consumo xa que tenden á non potabilidade.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, presentou o informe que o Concello de Lugo remite ó Ministerio de Fomento para o estudo informativo da nova ponte sobre o río Miño.
Limitarase o horario de ubicación dos colectores no centro histórico
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, informou da xuntanza mantida entre o Alcalde de Lugo, José López Orozco, representantes dos distintos grupos con representación municipal e técnicos do Concello, para falar sobre a posibilidade de crear unha empresa con maioría de capital público que se ocupe da xestión da auga.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, amosaron a súa satisfacción polo decreto da Fiscalía da Audiencia Provincial de Lugo que arquiva as dilixencias informativas relacionadas co vertedoiro de San Cibrao.
A CHN activou o plan Especial de Actuación en situacións de Alerta e Eventual Seca e solicitou a colaboración do Concello
Na cidade de Lugo neste momento non hai risco de desabastecemento
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentaron as medidas que o Concello adoptará ante a escasez de chuvias rexistrada nos últimos meses en Galicia.
A XVII edición do Festival de Jazz, organizado pola Asociación de Amigos del Jazz (Escobijazz) e copatrocinado polo Concello de Lugo, a Consellería de Innovación e Industria e a Fundación Caixa Galicia terá lugar ó longo de toda a semana.
O Centro Social Uxío Novoneyra acolle o luns o Torneo de Xadrez de Semana Santa, organizado dentro do circuíto Camiño do Scacorum pola Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso.
Haberá cinco categorías para a participación: menores de 8 anos, menores de 10, menores de 12, menores de 14, menores de 16 e menores de 20 anos, ademais dunha categoría para os familiares dos participantes.
O torneo celebrarase entre as once e a unha, pola mañá, e de cinco a sete, pola tarde.
As actividades formativas do programa Conéctate en Lugo, deseñadas para achegar a todos os cidadáns as novas tecnoloxías, continúan esta semana nos barrios do Castiñeiro e de Montirón.
Os días 4 e 5 o programa desenvolverase no Telecentro do Castiñeiro, onde os usuarios que o desexen poderán achegarse ao mundo da informática e da rede en horario de mañá (de 11 a 13 horas) e de tarde (de 17 a 19 horas), de xeito totalmente gratuíto e guiados polos expertos monitores.
A Concellería de Educación, a cargo de María Dolores Vieiro, levará a cabo durante o mes de abril un programa de animación á lectura en rapaces do primeiro ciclo de Primaria en colaboración coas editoriais OQO e Anaya. Trátase dunha serie de actividades que se desenvolverán dende o martes e até o día 16.
Esta campaña coincide coa celebración o día 2 de abril do Día Internacional do Libro Infantil e o 23 do mesmo mes do Día Mundial do Libro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1855
- 1856
- 1857
- 1858
- 1859
- 1860
- 1861
- 1862
- 1863
- …
- seguinte ›
- última »