O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concellerio de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron aos nove rapaces que se proclamaron recentemente Campións de España de Fútbol Sala na categoría de alevíns e que forman parte do equipo do Colexio dos Maristas.
Os xogadores acudiron ao acto, que tivo lugar ás 12:30 horas no Salón de Plenos, acompañados polo seu adestrador e amosáronlle con satisfacción os seus trofeos ao mandatario municipal. O Alcalde felicitounos polo seu logro e animounos a continuar co seu esforzo, ademais de compaxinar o deporte cos estudios.
Los jugadores y técnicos de la primera plantilla del Azkar Lugo colaboraron con Cruz Roja Española el pasado viernes en la venta de billetes del “Sorteo del Oro” participando así en el programa “Voluntarios por un día”. La venta de billetes de lotería para el sorteo que tendrá lugar este próximo verano tuvo lugar en la Plaza Mayor de la capital lucense desde las 11:00 a las 13:30 horas del mediodía.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou esta mañá xunto ao Director Provincial do Servicio Galego de Saúde un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, dará comenzo este venres na parroquia lucense de Coeses.
Os equipos deportivos de Lugo lograron un gran éxito na VII edición dos Xogos do Eixo Atlántico que tiveron lugar en Vila Nova de Gaia entre os días 10 e 14 de xullo.
Asistiron 64 deportistas da cidade, acompañados por adestradores e delegados das distintas disciplinas. As modalidades que contaron con representación lucense foron o voleibol, voleibol de praia, fútbol 7, baloncesto e atletismo.
En baloncesto o equipo masculino acadou o primeiro posto ganando o Campionato.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o II Criterium Aeronáutico-Galicia. O acto de presentación tivo lugar esta mañá ás 11:15 horas no Salón de Actos da Deputación e contou coa presencia do Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Castro de Rei, Xoán Xosé Díaz Valiño, e o Presidente do Real Aeroclub, Luis Abelleira.
Este acontecemento deportivo celebrarase entre os días 26 e 29 de xullo no Aeródromo de Rozas e achegará a máis de 2.000 persoas a Lugo.
As oficinas de atención ós inmigrantes atenderon case 1.000 consultas no último semestre do 2006.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez González, renovaron o convenio de colaboración para este ano que permitirá ó Concello seguir ofrecendo un servizo de información e orientación ás personas inmigrantes e emigrantes retornados. No transcurso do acto, déronse a coñecer outras medidas para este ano que favorecerán a inserción destas persoas.
O Alcalde destacou que “ninguén emigra porque quere”.
A pista de skate do parque da Milagrosa, situada ao lado das piscinas descubertas, estivo onte en obras para a colocación de catro das oito rampas das que consta o deseño orixinal desta obra, proxectada por un grupo de patinadores da cidade.
Deste xeito e dende hoxe, a pista pode ser xa utilizada por todo aquel que o desexe, aínda que están sen colocar outras catro rampas máis, que se instalarán durante o mes de xaneiro.
As obras da pista de skate teñen un orzamento de 76.254 euros e están a piques de rematar, despois de que comezaran no mes de setembro.
A Fundación Caixa Galicia acolle o xoves a partir das oito e media, unha nova conferencia do ciclo de charlas organizado con motivo da celebración en Lugo da Copa de España 2007 de fútbol sala.
Este ciclo está organizado polo Prone Lugo coa colaboración da Concellería de Deportes, entre outras entidades. Contempla unha serie de ponencias, que se alongarán até o 8 de marzo, nas que se analizan os múltiples aspectos que o deporte en xeral, e o fútbol sala en particular, posúen.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel Corredoira, participou onte no simulacro de excarcelación realizado na tarde de onte no Instituto Ánxel Fole con motivo da celebración das I Xornadas Mocidade, Alcohol e Tráfico, que remata esta mañá.
Estas xornadas están organizadas polo Concello de Lugo e o IES Ánxel Fole e contaron cun completo programa de conferencias de especialistas, demostracións prácticas con vehículos, excarcelacións e numerosas actividades formativas destinadas aos 585 alumnos deste centro.
O sábado celebrase a tradicional carreira noctura de reis na praza Ramón Ferreiro de Lugo, a que supón a terceira carreira do circuíto Corre con Nós desta edición 2006/2007.
Estas carreiras son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español. Están organizadas polo Concello de Lugo e patrocinadas por As Termas e Begano Coca Cola.
Son, como sempre, unha carreira por mes e se establen catro categorías para pequenos e dez para adultos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1847
- 1848
- 1849
- 1850
- 1851
- 1852
- 1853
- 1854
- 1855
- …
- seguinte ›
- última »