O programa de concertos 2006/07 da Sociedad Filarmónica de Lugo terá a súa continuidade, mañá, venres, coa actuación da soprano Irina Bunkova.
Esta actuación terá lugar, como é tradicional, no salón rexio do Círculo das Artes, a partir das oito e media da tarde.
A programación dos concertos, elaborada por este colectivo, que este ano cumpre 70 anos de existencia en Lugo, está subvencionada pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo con 2.500 euros.
A tempada actual prolongarase ata o mes de xuño e nela se contempla a celebración de dez concertos, abrindo e pechando se
Caixanova y el Ayuntamiento de Lugo presentan el miércoles en Lugo otra nova actuación dentro del convenio cultural que unen a estas dos entidades en la creación de un variado programa de primera calidad.
El Auditorio Gustavo Freire será sede, a las 20.30 horas, de la obra de teatro “Misterioso Asesinato en Manhattan”, de Woody Allen, dirigida por Francisco Vidal e interpretada por Beatriz Santana, Enrique San Francisco, María Jesús Hoyos, Mario Martín, Raúl Cimas y Cristina Solá, en el Auditorio Gustavo Freire de Lugo.
Lugo, a través do Plan de Excelencia Turística, estivo presente a pasada semana na Feira Borsa Internationale del Turismo (BIT), que se celebra na cidade italiana de Milán para dar a coñecer todos os atractivos turísticos do noso municipio.
Os mostradores contaron coas publicacións habituais para tentar ao público italiano. Destaca entre estas a Guía de tapas e pinchos, destinada precisamente a poñer en valor os recursos relacionados coa mesa local; o folleto “Lugo, Saúde e Belleza”, destinado a dar a coñecer a oferta termal e de Spa da cidade e a Guía turística de accesibilidade.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais acudiu esta mañá a supervisar o envío do material donado polo Concello e outras empresas da capital, como Arenal, para a escola de Louga. Esta é a segunda ocasión na que o Concello colabora neste proxecto de cooperación con este poboado senegalés promovido por Manuel Méndez.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodendencias celebrará nos meses de xuño e xullo un curso de baile de salón subvencionado polo Plan Nacional de Drogas dentro do programa +xtí.
O prazo de inscrición remata mañá, martes, e haberá un máximo de 20 parellas con idades comprendidas entre os 18 e os 45 anos. A inscrición pode realizarse nas oficinas do Servizo de Prevención das Drogodependencias entre as nove a a unha e media.
O curso celebrarase entre o 1 de xuño e o 20 de xullo en horario de nove a once os venres e os sábados de oito a once.
Seis representacións de teatro terán lugar no que queda de semana dento da oitava edición das Xornadas de Artes Escénicas, organizas pola colaboración da Concellería de Muller e Benestar Social, a Escola de Arte e Lecer, o Colexio Fingoi e Palimoco Teatro.
Esta mostra foi creada para incentivar o teatro nos centros educativos, como un lugar de práctica e de ensino.
O Concello de Lugo sumarase o día 31 ás celebracións do Día Mundial sen tabaco. Para elo, realizará unha nova actividade na que intercambiará cajetillas de tabaco por “seis momentos de pracer”.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodendencias celebrará dende mañá, venres, un curso de baile de salón subvencionado polo Plan Nacional de Drogas dentro do programa +xtí.
Un total de 20 parellas, que xa teñen coñecementos de baile latino, comezarán o seu perfeccionamento para conseguir un diploma de asistencia, cunha duración de 45 horas.
O curso, totalmente gratuíto, celebrarase entre o 1 de xuño e o 20 de xullo en horario de nove a once os venres e os sábados de oito a once.
O Concello de Lugo sumarase un ano máis ao programa de actividades organizado por Carrefour con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
A actividade consistirá nunha xornada de convivencia e integración de colectivos con discapacidade co medio ambiente.
A Concelleira de Muller e Benestar, Carmen Basadre, explicou hoxe que un total de 500 persoas solicitaron xa información e recolleron os impresos necesarios para poder solicitar as axudas e subvencións propias da lei de Dependencia.
Carmen Basadre lembrou que o Concello ten aberta unha oficina informativa sobre este particular que neste tempo leva xa traballado sobre cen casos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1824
- 1825
- 1826
- 1827
- 1828
- 1829
- 1830
- 1831
- 1832
- …
- seguinte ›
- última »