O Alcalde de Lugo, José López Orozco e outros membros da Corporación, asistiron ó desfile de gando que tivo lugar polas rúas do centro da cidade.
A recuperación deste tradicional desfile, típico das feiras de San Froilán de hai máis de 30 anos, foi idea do Alcalde de Lugo e do Delegado de Medio Rural, Emilio López Pérez.
Polas principais rúas do centro histórico desfilaron arredor de 30 animais, entre eles un touro de 1.600 quilos, burros, vacas e gando miúdo que ía en carros.
O percorrido que seguiron os animais foi: Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña, Praza Maior, Bisp
O Gabinete de Tráfico procedeu a colocar a pertinente sinalización para que a pista que vai desde a variante do Rato ata a rúa Xoan Rico Pérez sexa peonil debido a estreiteza da calzada e a que carece de beirarrúas para a protección dos peóns e veciños da zona.
O equipo da Unidade de Atestados de servizo na noite do 31 de outono ó 1 de novembro instrúe dilixencias por accidente de circulación ocorrido as 5:00 horas na rúa Lamas de Prado a altura do número 214. No sinistro, consistente nunha colisión oblicua frontal, interveñen os turismos matrículas LU-2770-L e LU-9218-H. O conductor do turismo LU-2770-L, J.V.G.
O vindeiro domingo día 11 de novembro, ás 08:00 horas, a empresa Grúas Vidal SA, con domicilio na estrada de Santiago km. 4 de Lugo, cortará ao tráfico a rúa Anxo López Pérez, para realizar os labores de montaxe dun guindastre de obra da empresa MON SL.
O tráfico que procedente da rúa Vilalba diríxase á rúa Anxo López Pérez será desviado na praza Irmáns Pedrosa cara á avenida de Ramón Ferreiro, lugar onde se instalará sinalización circunstancial sobre valo. A empresa desprazará a este punto a un operario-señalista para información ós condutores.
O vindeiro domingo día 11 de novembro, ás 08:00 horas, a empresa Grúas Vidal SA cortará ao tráfico o tramo da rúa do Teatro comprendido entre as rúas do Progreso e Ánxel Fole, para realizar os labores de montaxe dun guindastre de obra da empresa SARRIGLAS SL. Os traballos estímase que finalizarán ás 18:00 horas.
O Corpo de Bombeiros do Concello de Lugo realizou un total de 610 saídas durante o ano 2006, segundo explicou hoxe o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel González Corredoira. No 2005 o número de actuacións foi de 536 e no 2004 de 561.
O número máis elevado de chamadas foron referidas a incendios, alcanzando o número de 114. As cociñas das casas, e especialmente ao mediodía, son as que máis emerxencias provocan.
Os bombeiros de Lugo celebraron hoxe a festivadade de San Xoán de Deus, patrón deste Corpo. Como en anteriores anos, o parque de bombeiros realizou unha xornada de portas abertas coa participación dun total de 182 rapaces dos colexios Divino Maestro, Cervantes, Sagrado Corazón e o de Educación Espacial de Santa María.
Os rapaces realizaron distintas actividades apagando lume con extintores, utilizando as mangueiras ou subindo aos vehículos.
Os Bombeiros foron a retirar unha árbore ás 6.40 horas da mañá, que caeu sobre a variante do río Rato e afectaba á circulación, unha patrulla da Policía Local regulou o tráfico na zona.
Momentos máis tarde, os Bombeiros e a Policía Local trasladáronse ao nº 29 da rúa Estaca de Bares para retirar uns cascotes da fachada deste edificio que da a ronda do Carme. Neste caso foi necesario colocar vallas de protección para os viandantes na zona afectada.
O Servizo de Bombeiros e os axentes da Policía Local tiveron que desprazarse, hoxe, día 17 durante o turno de noite ós seguintes puntos da cidade onde se rexistraron as seguintes incidencias.
Os Bombeiros levantaron as tapas das arquetas na avda. da Coruña cruzamento coa rúa Ferreiriño para que non se formase balsas de auga na calzada.
Tamén se desprazaron á rúa Miguel de Cervantes, 60 e a rúa Ribadeo aínda que nestes puntos non foi necesaria a súa intervención.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1785
- 1786
- 1787
- 1788
- 1789
- 1790
- 1791
- 1792
- 1793
- …
- seguinte ›
- última »