O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou coas consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, de Cultura e Deporte, e de Vivenda e Solo, un protocolo para a construción do Centro Cultural-Auditorio de Lugo, a adecuación e apertura do Centro de Interpretación e Museo da Romanización e a edificación de vivendas protexidas na cidade. Este acordo ten por obxecto garantir que o desenvolvemento da cidade de Lugo sexa compatible coa conservación e respecto ao seu importante patrimonio histórico, representado principalmente pola Muralla, e así recoñecido pola UNESCO.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, informou sobre os asuntos tratados na reunión extraordinaria mantida pola Comisión Permanente Ordinaria de Asuntos e Servizos Xerais este venres, 8 de febreiro.
José Rábade explicou que na xuntanza foron tratados tres temas fundamentais para a ordeación do tráfico da cidade como son a situación do transporte público, a circulación no centro histórico e a revisión do sistema ORA.
A cidade de Vigo acolleu esta mañá no Pazo de Castrelos a XXV Asemblea Xeral do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular que, segundo o seu Secretario Xeral Xoan V.
A Casa da Música arrinca unha nova temporada de concertos coas actuacións dos grupos locais Arrincadeira, Delaware e El adefesio. Estes grupos forman parte do Censo de Grupos Musicais aberto pola Concellería de Xuventude e están moi vinculados ás actividades desenvoltas na Casa da Música desde a súa inauguración.
O concerto terá lugar este sábado, 9 de febreiro, a partir das 21:30 horas na Casa da Música.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, explicou as liñas que inclúe o protocolo asinado este venres entre o Concello de Lugo e as Consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Vivenda e Cultura e Deporte para a construción do Auditorio de Lugo.
López Orozco suliñou que “hoxe é un día moi importante para a cidade. É de xustiza para os lucenses que Lugo teña Auditorio”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e membros da Corporación Municipal, asistiron á ordenación episcopal e inicio do ministerio pastoral de Alfonso Carrasco Rouco como Bispo de Lugo.
Os actos oficiais arrincaron ás 11:00 horas coa celebración dunha recepción as autoridades no Pazo Episcopal, do que partiriu ás 11:30 horas a comitiva cara a catedral onde deu comezo ás 12:00 horas o acto de ordenación do novo bispo de Lugo.
A quinta edición do programa de Almorzos Saudables posto en marcha pola Concellería de Servizos Xerais continúa esta semana en dous colexios lucenses e nos que particiaparán 257 pequenos.
O luns e o martes serán os escolares do Colexio Rosalía de Castro os que gocen dun almorzo saudable. O Colexio Luis Pimentel os acollerá os días 13, 14 e 15 de febreiro.
O Concello de Lugo e Caixanova continúan a súa programación escolar para a provincia de Lugo presentando en concerto “Os Instrumentos da Orquestra” o día 11 de febreiro, no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentará o vindeiro luns 11 de febreiro a conferencia do Conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio,sobre a reforma do Imposto de Sucesión e Doazóns.
O obxectivo desta conferencia é analizar profundamente o futuro do Imposto de Sucesións en Galicia, e todo canto implica a reforma deste Imposto que está levando a cabo o Goberno Galego.
O Conselleiro explicará, entre outras cousas, que a medida supón a eliminación do imposto nos cónxuxe e a súa disminución en ascendentes e fillos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1737
- 1738
- 1739
- 1740
- 1741
- 1742
- 1743
- 1744
- 1745
- …
- seguinte ›
- última »