Membros da Corporación Municipal asisten á ordenación do novo bispo de Lugo

Luns, 11 de febreiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e membros da Corporación Municipal, asistiron á ordenación episcopal e inicio do ministerio pastoral de Alfonso Carrasco Rouco como Bispo de Lugo.

Os actos oficiais arrincaron ás 11:00 horas coa celebración dunha recepción as autoridades no Pazo Episcopal, do que partiriu ás 11:30 horas a comitiva cara a catedral onde deu comezo ás 12:00 horas o acto de ordenación do novo bispo de Lugo.