Mañá martes, 3 de xuño, terá lugar no auditorio do Conservatorio Profesional de Música a partir das 20:30 horas un novo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo organizado pola Concellería de Cultura e Turismo.
Este pasado sábado 24 de mayo se disputó en el Centro Deportivo Terra la cuarta jornada del IX Torneo de fútbol sala de prebenjamines “Escuela Terra” que está organizado por la Fundación Azkar, Prone Lugo AD y la Escuela de fútbol sala Terra y en el cual colaboran el Excmo. Ayuntamiento de Lugo y el Colegio de Árbitros de Lugo y que cuenta con el patrocinio de Transportes Azkar y Cocacola.
Dende o 5 de abril, o Servizo Municipal de Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, ven realizando, baixo o título de Iníciate á Fama, unha actividade de baile destinada a mozas e mozos lucenses como unha alternativa de ocio para as tardes dos sábados.
Mañá, 31 de maio, as 50 rapazas e rapazes que participaron nesta actividade, realizarán baixo a coordinación dos profesores da escola de baile Star Dance, unha exhibición final a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Cada un dos grupos inscritos realizarán
A Casa da Música que depende da Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, continúa coa súa programación de concertos para as fines de semana.
Mañá, sábado 31 de maio, a partir das 15:30 horas, terá lugar o II Trofeo Aire Libre Arco Muralla no campo de fútbol de o Ceao. Esta proba foi presentada na Casa do Concello polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e Adrián Paderne, representante do Club Arco Muralla.
O Concelleiro indicou que nos últimos anos se viu en Lugo un auxe do tiro con arco, un deporte en principio minoritario, que se está volvendo máis accesible grazas á Escola Municipal e ao apoio dado aos clubs.
Dez representantes de prensa brasileira achegáronse estes días a coñecer a cidade, nunha viaxe de familiarización organizada pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo. O obxectivo desta visita é dar a coñecer ao mercado turístico brasileiro os recursos cos que conta o municipio e o Camiño Primitivo de Santiago, unha aposta turística que chama moito a atención en América do sur.
Nesta viaxe os xornalistas coñeceron a cidade de Lugo, a súa Muralla, os museos cos que conta a capital e o novo Centro de Interpretación da Muralla.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello a representantes da Asociación de Inmigrantes e retornados Rioplatenses encabezados polo seu presidente Jorge Roberto Rodríguez Fernández.
O Concello de Lugo ten xa preparados os actos de celebración da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado, que este ano será o domingo 1 de xuño.
Os actos previos comezarán o sábado pola tarde coas vésperas de Corpus ás 20:00 horas na Catedral de Lugo, onde estarán os representantes da Corporación Municipal.
O día da Ofrenda será o domingo 1 de xuño e comezará ás 11:15 coa recepción de autoridades na Casa Consistorial.
Mañá venres, 30 de maio, continúa o ciclo de cine xuvenil "Muller e interculturalidade" organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.
Nesta ocasión proxectarase En el mundo a cada rato.
A revista Foeminas chega cun novo número onde recorda o centenario do nacemento de Simone de Beauvoir a través de Historia de Abrandares.
A revista reflexiona, na súa Portada, sobre o Día Internacional de Internet e as súas posibilidades para as mulleres no presente e no futuro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1700
- 1701
- 1702
- 1703
- 1704
- 1705
- 1706
- 1707
- 1708
- …
- seguinte ›
- última »