O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o Campionato Galego de Atletismo Cadete e Xuvenil e o Criterium Galego de Atletismo para as categorías benxamín, alevín e infantil, que se celebrará o domingo día 1 de xuño nas pistas Gregorio Pérez Rivera a partir das 10:30 horas.
O edil anunciou que esta competición achegará a Lugo a preto de 700 atletas de toda Galicia que disputarán as probas das distintas modalidades de atletismo (velocidade, valados, saltos, lanzamento, etc).
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o xerente da empresa Castroparga, Antonio Castro Parga, e José Manuel Traseira, Presidente do Club Lucus Caixa Rural de Atletismo presentaron esta mañá as Becas Castro Parga para Atletas.
Díaz Gradío agradeceu á empresa o seu apoio ao deporte lucense e afirmou que “ogallá cunda o exemplo entre outras empresas”.
Pola súa banda, José Manuel Traseira, explicou que as becas son para atletas federados no seu club.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a apertura de plicas das 25 empresas que optan á construción do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Trátase dalgunhas das empresas máis prestixiosas da construción española, que concursan para a posta en marcha dunha das grandes apostas do equipo de López Orozco, o MIHL, que dotará á cidade de Lugo dunha infraestrutura pioneira en toda Galicia.
O Concello de Lugo, en colaboración coas asociacións Dowm Lugo e ASPACE, realizará esta fin de semana a actividade Capacitados para coidar o medio ambiente. O evento, coordinado pola Fundación Solidaridad Carrefour e o CERMI de Galicia, terá lugar na aula número 1 do Pazo de Feiras e Congresos a partir das 12:00 horas do vindeiro sábado 31 de maio.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, o presidente da Federación de natación Sincronizada de Galicia e, Fernando Timidaos, o Presidente do Club Porta Miñá de Lugo, presentaron o curso de iniciación á natación sincronizada que comezará o vindeiro sábado, 7 de xuño na piscina de As Pedreiras.
Díaz Grandío indicou que “é unha actividade novedosa, maioritariamente feminino, e que agardamos que sirva de xermen nestre periodo pre-estival para crear afición a este deporte e poder retomar a actividade no vindeiro curs
En la mañana de este miércoles fue presentado en el Excmo. Ayuntamiento de Lugo el "Encuentro del fútbol sala lucense, nuestro deporte une" actividad que organizará la Fundación Azkar junto con la Federación Gallega de fútbol sala. Este evento se celebrará este viernes (21:00 horas en el Palacio Municipal de los Deportes de Lugo) y contará con la disputa de un torneo triangular entre el Azkar Lugo FS y las selecciones local y provincial lucenses de fútbol sala.
A la rueda de prensa de esta mañana asistió el Concejal de Deportes del Excmo.
A Xunta Xestora do GDR4 reuniuse no Concello de Lugo para perfilar o borrador de Estatutos que rexirá a futura Asociación, formada por entidades do sector público e privado dos concellos de Lugo, O Corgo, Rábade, Guntín, Castroverde, Friol e Outeiro de Rei.
Na xuntanza leuse todo o contido dos estatutos, previamente redactado por cinco das 26 entidades que compoñen a Xestora. Os compoñentes da Xunta, fixeron algunhas modificacións e engadiron novas propostas.
O Concello de Lugo patrocina, xunto cos concellos de Meira e Castroverde, a XV Marcha Cicloturista Riberas del Eo que terá lugar este domingo 31 de maio.
A proba sairá ás 16:00 horas desde a Praza Maior cara a Ronda da Muralla, Montero Ríos, Ronda de Fontiñas e San Eufrasio dirección a Castroverde. O pelotón pasará por Mosteiro e Rioxoan onde se realizará unha parada de 20 minutos para o avituallamento completo. Sobre as 18:40 horas iniciarase en Chao Pousadoiro un tramo libre de 9 quilómetros cunha pendiente media do 7% e máxima do 10% que rematará no Alto da Ribeira.
O programa do concerto do xoves 29 de maio no Círculo das Artes estará centrado na música de salón e a ópera belcantistas, cunha especial dedicación ás arias e dúos das óperas de Rossini. Do célebre compositor italiano Gioacchino Rossini poderán escoitarse arias e dúos de óperas tan coñecidas como La Cenerentola, O barbeiro de Sevilla e Tancredi. O programa o completan cancións e duettos do propio Rossini e doutros compositores como Tosti ou Meyerbeer e rematará, case coma unha sorpresa, co dúo final da ópera Carmen de Bizet.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Óscar Engroba, o desfile que organiza esta asociación en colaboración co Concello co fin de acadar fondos para os seus clubs deportivos. Na organización do evento están implicadas máis de 200 persoas.
A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón celebrará este pase de moda o vindeiro venres, día 30 de maio, a partir das 23:00 horas na discoteca Vértigo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1699
- 1700
- 1701
- 1702
- 1703
- 1704
- 1705
- 1706
- 1707
- …
- seguinte ›
- última »