Esta fin de semana continúan as demostracións dos Vellos Oficios Vivos organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo.
As mostras dos Vellos Oficios Vivos tratan de dar a coñecer os sistemas de traballo que empregan os artesáns galegos para confeccionar as súas pezas.
A cuarta edición do Teateatre chega ao seu fin esta semana co último curso de formación dramática para profesionais e afeccionados dos tres ofertados. Este programa, desenvolvido entre os meses de xullo e agosto na cidade, pretende servir de foro de encontro, formación e creación para actores e amateurs do teatro.
O derradeiro curso, Estudo da presenza do actor.
O Centro de Empresas e Innovación (CEI) de Lugo continúa a ser un instrumento útil para os emprendedores da cidade, de feito, o centro conta con tres novas empresas traballando nas súas instalacións.
Estas empresas caracterízanse polo seu carácter innovador e pola sensibilidade para incorporar as novas tecnoloxías ao seu traballo.
A Delegada de Urbanismo, María Novo, quixo aclarar as declaracións feitas polo responsable municipal nacionalista sobre a instalación de estacións base de telefonía móbil no ámbito do concello de Lugo.
María Novo explicou que dende o ano 2005 hai 20 expedientes sancionadores, 13 deles están resoltos e as antenas xa non funcionan, 3 están pendentes de fixar día e hora para practicar o precinto -neste proceso hai que notificar ás compañías e aos propietarios o día e hora-, outras dúas estacións base son recentes, existe orde de paralización que está recurrida polas compañías e nas últ
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, anunciou hoxe que se están a dar novos pasos na realización do novo regulamento de participación cidadana que trata de incorporar novos canles e espazos de participación para a cidadanía.
A Concelleira lembrou que dende a entrada en vigor no ano 2000 do primeiro regulamento producíronse cambios lexislativos importantes como a Lei de Grandes Cidades.
Mañá xoves, 21 de agosto, continúa o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.
Nesta proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar coa película Bajo la lluvia.
A película conta como xusto antes de morrer, Chris Kirby pídelle ao seu mellor amigo, Adam Black, que saque a súa filla do orfanato onde se criou.
O ciclo Noites de Cine englobado no programa de …no verán ¡Lugo xa conecta! organizado pola Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela continúa mañá xoves 21 de agosto coa proxeción de O baile das ánimas.
Corre o outono de 1948. Mónica é unha rapaza que escapou do internado de monxas de Madrid, onde a ten recluída seu pai autoritario, Agustín, para reunirse con súa nai, Adela, que vive un certo exilio na súa casa de campo nos arredores da Coruña debido ás súas ideas liberais e republicanas.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou o proxecto técnico da reforma do xardín da Praza das Illas segundo o anunciou o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso.
O obxectivo da obra, que conta cun orzamento de 77.180 euros, é o de proxectar unha zona de estar e de descanso dotada dun espazo reservado a zona de xogos infantis no barrio de Montirón entre as rúas Illa Formentera, Illa San Simón e Illa de Ibiza.
O Concello de Lugo ten previsto sacar a subasta pública antes de finais de ano once bens inmobles (garaxes, entresolos e sotos) que forman parte dos 54 embargados por impago de tributos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou a cesión ao Concello de máis de 8.000 metros cadrados situados no barrio de Albeiros e que se destinarán á construción dun Centro de Ensinanzas Integradas.
Cúmprese deste xeito outro máis dos compromisos adoptados por este equipo de goberno coa cidadanía lucense e o obxectivo de dinamizar os barrios, neste caso o de Albeiros.
O Alcalde anunciou que de inmediato dará traslado deste feito ao delegado de Educación para que comecen os trámites necesarios para poñer en marcha a construción deste novo edificio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1675
- 1676
- 1677
- 1678
- 1679
- 1680
- 1681
- 1682
- 1683
- …
- seguinte ›
- última »