O Concello de Lugo inicia os trámites para que a Consellería de Educación constrúa o Centro de Ensinanzas Integradas en Albeiros

Luns, 18 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou a cesión ao Concello de máis de 8.000 metros cadrados situados no barrio de Albeiros e que se destinarán á construción dun Centro de Ensinanzas Integradas.

Cúmprese deste xeito outro máis dos compromisos adoptados por este equipo de goberno coa cidadanía lucense e o obxectivo de dinamizar os barrios, neste caso o de Albeiros.

O Alcalde anunciou que de inmediato dará traslado deste feito ao delegado de Educación para que comecen os trámites necesarios para poñer en marcha a construción deste novo edificio. O Centro de Ensinanzas Integradas inclúe todos os sistemas de formación: regrada, ocupacional e continua.