A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou o proxecto técnico da reforma do xardín da Praza das Illas segundo o anunciou o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso.
O obxectivo da obra, que conta cun orzamento de 77.180 euros, é o de proxectar unha zona de estar e de descanso dotada dun espazo reservado a zona de xogos infantis no barrio de Montirón entre as rúas Illa Formentera, Illa San Simón e Illa de Ibiza.
O Concello de Lugo ten previsto sacar a subasta pública antes de finais de ano once bens inmobles (garaxes, entresolos e sotos) que forman parte dos 54 embargados por impago de tributos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou a cesión ao Concello de máis de 8.000 metros cadrados situados no barrio de Albeiros e que se destinarán á construción dun Centro de Ensinanzas Integradas.
Cúmprese deste xeito outro máis dos compromisos adoptados por este equipo de goberno coa cidadanía lucense e o obxectivo de dinamizar os barrios, neste caso o de Albeiros.
O Alcalde anunciou que de inmediato dará traslado deste feito ao delegado de Educación para que comecen os trámites necesarios para poñer en marcha a construción deste novo edificio.
A Corporación Municipal de Lugo, presidida polo Alcalde, José López Orozco, participa no programa de actos conmemorativos das festividades da Nosa Señora e San Roque, que se celebrarán este venres, día 15, e o sábado, día 16 de agosto, respectivamente.
Os membros da Corporación asisten o venres á misa que terá lugar na Catedral, a partir das once da mañá.
A Concelleira de Cultura e Turismo e Alcaldesa accidental, Concepción Burgo, fixo balance das vistas atendidas polo Centro de Recepción de Turistas da Praza do Campo no mes de xullo e os dez primeiros días do mes de agosto.
Nestes corenta días de verán, preto de 7.500 persoas - 7.358- foron atendidas na Oficina municipal de Turismo uns datos, segundo Burgo, “ moi positivos xa que confirman que Lugo se consolida como destino turístico e que se mantén, incluso aumenta un pouco, o número de visitantes que veñen á cidade no verán”.
A responsable municipal de turismo destac
O Concello de Lugo publica no seu portal web municipal, no apartado de convocatorias de persoal na sección de Réxime Interior, os formularios de solicitude para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral desta administración local en quenda libre e quenda de consolidación de emprego temporal -concurso oposición-.
Ademais, xa se atopa colgado no mesmo apartado do portal do Concello o regulamento do Corpo de Bombeiros que forma parte do temario esixido para a proba das dúas prazas de bombeiros conductores en quenda libre e das once en quenda de consolidación de
A actividade de Ceo de Verán, organizada pola Concellería de Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, aprázase á xornada de mañá por mor da visibilidade das estrelas debido ao tempo previsto para hoxe.
Ceo de Verán é unha camiñata a pé polo Paseo do Rato onde se analizará a flora e a fauna, e onde se aproveitará para coñecer mellor as estrelas.
O Centro Social Díaz de Castro acolle hoxe luns 18 de agosto a proxección de Oye Arnold! dentro do programa Videoforum infantil organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre. Con esta actividade, preténdese a participación activa dos rapaces asistentes ao longo de toda a sesión. Por iso deixaráselles que fagan conxeturas, que establezan debates que favorecen ao desenvolvemento do razoamento e, por tanto, da actividade.
Séguese a cumprir o obxectivo de contratar obra pública para aminorar a crise da construción
López Orozco anunciou tamén a contratación do primeiro aparcadoiro da zona norte de Lugo, que terá capacidade para máis de 100 vehículos e 11 autocares
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a Mesa de Contratación para adxudicar a construción dunha das obras máis importantes da cidade de Lugo, o Museo Interactivo da Historia que se comezará a construir no último trimestre deste ano.
A proposta de adxudicación da Mesa, que c
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1674
- 1675
- 1676
- 1677
- 1678
- 1679
- 1680
- 1681
- 1682
- …
- seguinte ›
- última »