A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, anunciou hoxe que se están a dar novos pasos na realización do novo regulamento de participación cidadana que trata de incorporar novos canles e espazos de participación para a cidadanía.
A Concelleira lembrou que dende a entrada en vigor no ano 2000 do primeiro regulamento producíronse cambios lexislativos importantes como a Lei de Grandes Cidades.
Mañá xoves, 21 de agosto, continúa o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.
Nesta proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar coa película Bajo la lluvia.
A película conta como xusto antes de morrer, Chris Kirby pídelle ao seu mellor amigo, Adam Black, que saque a súa filla do orfanato onde se criou.
O ciclo Noites de Cine englobado no programa de …no verán ¡Lugo xa conecta! organizado pola Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela continúa mañá xoves 21 de agosto coa proxeción de O baile das ánimas.
Corre o outono de 1948. Mónica é unha rapaza que escapou do internado de monxas de Madrid, onde a ten recluída seu pai autoritario, Agustín, para reunirse con súa nai, Adela, que vive un certo exilio na súa casa de campo nos arredores da Coruña debido ás súas ideas liberais e republicanas.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou o proxecto técnico da reforma do xardín da Praza das Illas segundo o anunciou o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso.
O obxectivo da obra, que conta cun orzamento de 77.180 euros, é o de proxectar unha zona de estar e de descanso dotada dun espazo reservado a zona de xogos infantis no barrio de Montirón entre as rúas Illa Formentera, Illa San Simón e Illa de Ibiza.
O Concello de Lugo ten previsto sacar a subasta pública antes de finais de ano once bens inmobles (garaxes, entresolos e sotos) que forman parte dos 54 embargados por impago de tributos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou a cesión ao Concello de máis de 8.000 metros cadrados situados no barrio de Albeiros e que se destinarán á construción dun Centro de Ensinanzas Integradas.
Cúmprese deste xeito outro máis dos compromisos adoptados por este equipo de goberno coa cidadanía lucense e o obxectivo de dinamizar os barrios, neste caso o de Albeiros.
O Alcalde anunciou que de inmediato dará traslado deste feito ao delegado de Educación para que comecen os trámites necesarios para poñer en marcha a construción deste novo edificio.
A Corporación Municipal de Lugo, presidida polo Alcalde, José López Orozco, participa no programa de actos conmemorativos das festividades da Nosa Señora e San Roque, que se celebrarán este venres, día 15, e o sábado, día 16 de agosto, respectivamente.
Os membros da Corporación asisten o venres á misa que terá lugar na Catedral, a partir das once da mañá.
A Concelleira de Cultura e Turismo e Alcaldesa accidental, Concepción Burgo, fixo balance das vistas atendidas polo Centro de Recepción de Turistas da Praza do Campo no mes de xullo e os dez primeiros días do mes de agosto.
Nestes corenta días de verán, preto de 7.500 persoas - 7.358- foron atendidas na Oficina municipal de Turismo uns datos, segundo Burgo, “ moi positivos xa que confirman que Lugo se consolida como destino turístico e que se mantén, incluso aumenta un pouco, o número de visitantes que veñen á cidade no verán”.
A responsable municipal de turismo destac
O Concello de Lugo publica no seu portal web municipal, no apartado de convocatorias de persoal na sección de Réxime Interior, os formularios de solicitude para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral desta administración local en quenda libre e quenda de consolidación de emprego temporal -concurso oposición-.
Ademais, xa se atopa colgado no mesmo apartado do portal do Concello o regulamento do Corpo de Bombeiros que forma parte do temario esixido para a proba das dúas prazas de bombeiros conductores en quenda libre e das once en quenda de consolidación de
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1673
- 1674
- 1675
- 1676
- 1677
- 1678
- 1679
- 1680
- 1681
- …
- seguinte ›
- última »