O Concello de Lugo destinará a cantidade de 12.500 € para axuda na adquisición de libros de texto dos fillos do persoal municipal no presente ano.
A axuda vai dirixida ao persoal con praza en propiedade e con fillos ao seu cargo, que realicen no ano académico 2008-2009 educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanza universitaria e non se acolleran ao programa de gratuidade de libros de texto ou ao cheque da Xunta de Galicia, ou a axuda de calquera outra Administración.
Unha vintena de magos encherán de trucos e misterios a cidade ente o luns día 3 de novembro e o sábado día 8. As actuacións formarán parte da sexta edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico 2008 organizada pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo en colaboración co colectivo Waldemar e a productora Abracadabra Produccións.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o vicepresidente do colectivo máxigo Waldemar, José Antonio Díaz, e o Mago Rafa e o Mago Teto, presentaron o programa desta reunión internacional de magos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Francisco Real, entregaron os premios aos establecementos ganadores do IV Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo.
López Orozco destacou a importancia de dar a coñecer a “extraordinaria hostalería lucense, cada día é máis certo que, para comer, Lugo”. Animou a todos os hostaleiros e hostaleiras a seguir adiante “neste camiño, o voso traballo é exemplo de mellora constante.
Como novidade as axudas poderán ter unha duración de tres anos sempre que se cumpran os requisitos
O Concello de Lugo, elexiu xa aos destinatarios do programa de axudas municipais para o alugamento de vivendas na cidade.
O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, presentou hoxe a segunda fase das obras de mellora do abastecemento e saneamento de Lugo que actualmente se atopan en fase de proxecto e que, previsiblemente, poderían comezar nuns nove meses.
O Concelleiro destacou que os obxectivos que se pretenden cumprir con esta nova fase que se pon en marcha son:
-continuar a mellora da calidade do abastecemento de auga potable a Lugo.
A Concellerira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na presentación dos XII Xogos Autonómicos de Baloncesto, Special Olympics Galicia que se celebrarán esta fin de semana en Lugo.
Na presentación deste evento deportivo no que participarán ao redor de 400 deportistas con discapacidade intelectual estiveron tamén presentes o Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao; a Presidenta de ASPNAIS, Concepción Teijeiro; a delegada de vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez; o director deportivo da
* Uns orzamentos nos que se conxelan impostos e se fomenta o gasto social e o emprego
"Ante as dificultades, o Concello duplicará os esforzos". Así resumiu a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, o proxecto de orzamentos que o pasado venres o equipo de goberno lle presentou á oposición para que o estude. "É un documento riguroso e moi positivo, xa que a cantidade total está próxima aos 105 millones de euros nun contexto de crise global".
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe na Casa do Concello ao Embaixador de EEUU en España, Eduardo Aguirre. O diplomático visitou Lugo dentro dunha viaxe que está a realizar por Galicia e que rematará na Coruña onde inaugurará a nova sede do consulado.
O embaixador firmou no Libro de Ouro da cidade e intercambiou agasallos co rexidor local.
O Alcalde deuxe a benvida á cidade e agradeceulle a súa visita a Lugo. Ademais solicitoulle que “anime aos americanos que veñan a visitar a cidade e, por qué non, a invertir en Lugo”.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou esta mañá as bases do concurso de deseño gráfico Diversiarte 2008, co fin de elexir o cartel anunciador do programa programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade como se ven facendo dende fai sete anos.
A edil explicou que para elaborar o cartel anunciador das actividades os autores deberán reflexionar sobre a discapacidade e para sensibilizar sobre que na diversidade é posible a igualdade.
O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, deu conta do acordo adoptado na Mesa Negociadora na que participaron os representantes dos traballadores do Concello de Lugo.
Rábade cualificou de “moi satisfactorio o acordo que apoiaron unha boa parte dos sindicatos deste Concello”: UGT, CIG e Candidatura Independente.
As liñas básicas deste acordo son as seguintes:
* Unha suba salarial do 2% tal e como fixa a Lei de Orzamentos
* Os 36 euros da productividade que se cobraba en 11 mensualidades, pasan a formar parte do específico, cons
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1651
- 1652
- 1653
- 1654
- 1655
- 1656
- 1657
- 1658
- 1659
- …
- seguinte ›
- última »