
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta tarde xunto con varios membros do seu equipo de Goberno na nave das Asociacións do Concello de Lugo para celebrar un encontro cos membros das mesmas. Este encontro forma parte das reunións que a partir de agora o Alcalde e os membros do Goberno municipal celebrarán con todos os colectivos, asociacións, veciños e veciñas do Concello para presentar as iniciativas nas que traballa o Executivo e escoitar as suxestións dos cidadáns.

As TIC desempeñan un papel clave no proceso de integración laboral das persoas con discapacidade, tanto na empresa ordinaria coma a través da fórmula do autoemprego, pero é importante contribuír a unha maior difusión das novas canles e ferramentas tecnolóxicas adaptadas dispoñibles para que sexan efectivas.
Do 5 ao 11 de xullo celébranse en A Coruña os VIII Xogos do Eixo Atlántico no que participarán preto de 3.000 mozas e mozos de Galicia e Portugal e que compartirán un evento deportivo representando ás 34 Cámaras e Concellos que forman parte do Eixo.
Lugo estará representada por 68 deportistas e adestradores. A expedición lucense participará nas seguintes disciplinas deportivas:

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e representante da Asociación Carballeira de Nadela, Antonio Abeledo, presentaron hoxe a V Feira de San Pedro.
Zarzuela explicou que esta feira é un día familiar que nos anos anteriores tivo moito éxito de asistencia.
Como noutros anos o Concello colabora co servizo gratuíto de autobuses que sairán dende as 9:00 ata as 15:00 diante do Instituto Virxe dos Ollos Grandes na Avenida de Ramón Ferreiro.

O voceiro do equipo de Goberno municipal, José Rábade, manifestou hoxe o máximo respecto co traballo da xustiza e a máxima colaboración e transparencia institucional. Neste sentido, confirmou o rexistro efectuado onte, por parte da titular do Xulgado Número 3 de Lugo, Estela San José, do cuartel da Policía Local da cidade.
A xuíza solicitou na súa visita ao cuartel sancións anuladas e arquivadas nos últimos dous anos.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou hoxe que o proxecto Lugoqualitas e a nova web sobre a UE europedirect constitúen unha aposta do Goberno polo “coñecemento como materia prima inesgotable”. O Alcalde de Lugo participou esta mañá xunto coa Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, na entrega de diplomas aos participantes no programa Lugoqualitas. No mesmo acto, deuse a coñecer a nova web do Concello con información sobre a UE, www.lugo.es/europedirect .

A cidade de Lugo acolle esta fin de semana o Torneo 24 horas de Hockey liña que pon colofón á tempada desta práctica deportiva e que foi presentado esta mañá polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Carlos Ouro, o coordinador da actividade e Alberto Lapido e Iván Ouro.
Nesta proba deportiva participarán seis equipos integrados por xogadores de todas partes de España, dous de Madrid, un de Medina del Campo, outro de Sevilla, de A Guarda e de Lugo.
A Policía Local tramitou un total de 304 solicitudes de permiso para a realización de fogueiras con motivo da Noite de San Xoán, tanto no centro urbán como na zona rural.
Coa celebración desta festa o Alcalde, José López Orozco, fixo público un bando para facer saber as normas ás que se teñen que axustar as fogueiras:
1ª.- Queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa entidade Laboratorios Asociados Nupel S.L. para o desenvolvemento dos espectáculos do Arde Lucus. A sinatura é un reflexo, en palabras do Alcalde, “ de cómo se está involucrando a sociedade no Arde Lucus”.
O Alcalde de Lugo agradeceu a “extraordinaria” colaboración da empresa Nupel para levar a cabo a festa romana, ao tempo que valorou o esforzo que están realizando por involucrarse na vida da cidade.
Resultados do quinto exercicio das probas selectivas para a provisión, mediante concurso oposición e en quenda de consolidación de emprego temporal, de once prazas de bombeiro conductor vacantes no cadro de persoal funcionario do Ecmo. Concello de Lugo
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1586
- 1587
- 1588
- 1589
- 1590
- 1591
- 1592
- 1593
- 1594
- …
- seguinte ›
- última »