
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno ven de aprobar a contratación do servizo de redacción do proxecto, proxecto arqueolóxico, dirección da obra e coordinación durante a execución das obras de rehabilitación do antigo cárcere de Lugo.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, participou hoxe xunto con técnicos do Concello, da Deputación e da Xunta de Galicia nunha mesa de traballo na que se abordou a posible prestación de servizos do parque da cidade á área de Lugo e buscar as fórmulas xurídicas que permitan a comarcalización, de xeito que se garanta a cobertura en materia de extinción de incendios a esa zona da provincia.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e outros membros da Corporación municipal, recibiron esta mañá na Casa do Concello a un grupo de deportistas lucenses que resaltan polos éxitos acadados en diferentes campionatos a nivel estatal.
A Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, participa novamente este ano no circuíto de Festivais de Teatro Grecolatino de España. Nesta ocasión, a cidade de Lugo contará con cinco actuacións teatrais, que se desenvolverán dende o luns día 8 de marzo e que se alongarán ata o mércores día 10.

O Club de Loita Lugo acadou uns excelentes resultados no Campionato Galego de Loitas Olímpicas, celebrado en Vigo.
Os deportistas lucenses acadaron os seguintes resultados:
-1º posto na categoría de menos de 60 quilos sénior: Clemente Alves Bello.
-2º posto na categoría de menos de 76 quilos cadete: Óscar Moreno Fernández.
-2º posto na categoría de menos de 84 quilos cadete: Francisco Otero Fernández.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, explicou hoxe como Presidenta do Foro de Participación Cidadá en Materia de Igualdade do Concello de Lugo a decisión do mesmo de convocar unha concentración para o próximo luns 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, baixo o lema A crise ten xénero feminino.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o vicepresidente da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, e dous responsables da organización do Club Fuvial presentaron esta mañá o Campionato Galego de Natación Infantil, masculino e feminino que terá lugar a vindeira fin de semana na cidade.
O Concello de Lugo activou o pasado venres un dispositivo especial ante o temporal de vento e chuvia que previran os servizos meteorolóxicos.

O humorista Rober Bodegas actuará na cidade o vindeiro 10 de abril dentro da programación de Lugo10 para presentar o seu espectáculo Y un condón por si pillo. A actuación terá lugar ás 21.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
A Concellería de Medio Ambiente e Zona Rural que dirixe Lino González Dopeso tomou a decisión de encargar un proxecto para reconstruír a Ponte do Río Mera tras ser derrubada polo temporal que afectou á cidade nos últimos días.
A Ponte do Río Mera ía ser ampliada con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local. A Concellería de Medio Rural estuda agora a posibilidade de modificar o fin deses fondos para que axuden a reconstruír a infraestrutura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1528
- 1529
- 1530
- 1531
- 1532
- 1533
- 1534
- 1535
- 1536
- …
- seguinte ›
- última »