
José Manuel Grandío destacou que con estas actividades deportivas agárdase que se acheguen a Lugo máis de 3.000 persoas relacionadas co deporte

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, anunciou un novo recorte nas axudas que a Xunta viña dando ao Concello de Lugo para o mantemento das escolas infantís.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, anunciou hoxe a creación dunha Comisión para estudar a xestión integral do ciclo da auga. A Comisión estará formada polo Alcalde e os concelleiros de Medio Ambiente, Economía de Infraestruturas, de diferentes servizos técnicos municipais e por representantes dos grupos políticos do Concello.

Crearase un laboratorio que estudará os edificios do ensanche interior que corresponden coas rúas Montevideo, Bolaño Rivadeneira e Quiroga Ballesteros

O tenente alcalde, Antón Bao, dixo que “este será o San Froilán dos lucenses” e servirá “de escaparate de todo canto se fai en Lugo no ámbito da cultura, a música e o teatro”
Bao explicou que “simbolicamente as festas deste ano ábrense coa presentación en Lugo dun grupo de Lugo, Di Elas, a formación liderada por Luís Tosar e Piti Sanz”.
O EXCMO. SR. ALCALDE PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO FAI SABER QUE:
O Concello de Lugo celebra hoxe o Día Mundial dos Maiores cunha comida tradicional que se celebra no Parque da Milagrosa. A este acto agárdase que acudan entorno a 1.500 persoas maiores de 60 anos tanto da zona rural como da urbana que disfrutarán de diferentes actos ao longo da tarde, entre eles unha orquestra que amenizará o xantar ata as 19:00 horas.

A fin de semana do 24 e 25 de setembro a Concellería de Xuventude organizou un curso de condución segura para motos dirixidas a persoas de entre 16 e 35 anos. Esta actividade estivo dividida en clases teóricas no Centro de Convivencia Maruja Mallo, entre as 10 e as 13:00 horas e pola tarde de 16:00 a 19:00 horas fíxose unha clase prácticas no circuíto cerrado da DGT no Carqueixo e na circunvalación do Río Rato.

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, fixo hoxe un chamamento á Xunta de Galicia a sumarse á Rede Mercurio, formada, hai dous anos, por institucións lucenses co obxectivo de traballar conxuntamente para a creación de empresas na cidade.

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, anunciou as actividades que se van a levar a cabo este domingo día 25 de setembro co motivo do Día Europeo das Linguas e que se organizan a través do centro de información europeo Europa Direct.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1363
- 1364
- 1365
- 1366
- 1367
- 1368
- 1369
- 1370
- 1371
- …
- seguinte ›
- última »